lunes, 6 de abril de 2015

Reapertura do Rastro Solidario Boa Vida

O vindeiro 7 de abril Boa Vida abrirá o seu Rastro Solidario con carácter permanente.



O Rastro ten unha triple función:

1- Ofrecer unha oportunidade de formación a través da experiencia para persoas en situación de exclusión social ou en risco de estalo de maneira que poidamos influir na mellora persoal e social de cara a normalización da vida das persoas. Cos beneficios aportar unha cantidade en forma de becas de formación que compensen os gastos de transporte e alimentación así coma o tempo adicado

2- Facer unha labor socioeducativa coa sociedade a través da visibilización das persoas con dificultades sociais tratando de implicar a todas as persoas no proceso de loita contra a pobreza e exclusión

3- Propiciar unha actitude positiva sobre a reciclaxe, a reutilización e a reducción dos residuos textiles e similares que recollemos para esta campaña, tanto na sociedade coma en nós mesmos como colectivo

Por útlimo, de xeito transversal, traballamos valores e principios baseados no esforzo e o traballo constante, a superación de dificultades, o apoio mutuo e a resolución de conflitos. 

Queremos ser un referente na loita activa e na denuncia social contra a pobreza e a exclusión social.

Agardamos as vosas visitas

No hay comentarios:

Publicar un comentario