miércoles, 13 de diciembre de 2017

CAMPAÑA DE NADAL. APERTURA DA TENDA SOLIDARIA DE XOGUETES

Este ano volvemos a abrir a Tenda Solidaria de Xoguetes na rúa Cruz Vermella nº12.

Podedes atopar xoguetes seminovos e novos dende 1€



Coa túa compra participas do noso proxecto propiciando que persoas en dificultade social poidamos desenvolver as nosas capacidades nun posto de traballo. 
Tamén participas coas túas doazóns.



Ademáis para aquelas persoas que temos menos recursos é a oportunidade de poder mercar os xoguetes para os nosos nenos e nenas.

VISÍTANOS ATA O 5 DE XANEIRO
DE LUNS A SÁBADO 
DE 10 A 13 E DE 17 A 20

lunes, 11 de diciembre de 2017

LOS CAÑAÍLLAS. SOBRE A PERMISIVIDADE DOS PODERES PÚBLICOS E COMO NOS ROUBAN

LA CABINA

Un día, cerca del ayuntamiento viejo, no sé si os dais cuenta, hay una cabina telefónica.

Y había un tío dándole golpes a la cabina, jurando y echando votos y, yo, me quedé a observar y a oír:  el hombre decía que había “echao” 2 euros, había gastado 20 céntimos  y que la cabina no le había devuelto “na”.

Estaba hecho un basilisco y pensé yo para mí: -“¿y esto como lo permiten? Porque simplemente en una máquina, por ejemplo, de tabaco, tu echas más dinero y te devuelve lo que sobra pero en las cabinas de teléfono no”.

Y entonces dije yo:-¡Vaya manera de robar a la gente también!,¿ no?

-Lo permiten porque pueden.

-Por eso digo que la permisividad que existe en este país, no sólo en eso si no en otras cosas, no debería ser. Que nos roban y nadie dice nada.

*Nota sobre o idioma: normalmente eleximos o galego como idioma principal, pero nas publicacións de Los Cañaíllas utilizaremos o idioma da persoa que conta a anécdota ou historia xa que facemos transcripción directa e eleximos manter o ton orixinal

PARTICIP-ANDO. LOS CAÑAÍLLAS


Durante este curso retomamos un proxecto que foi parte dos nosos inicios, o Grupo de Participación, como resposta á demanda dalgunhas persoas do grupo que votaban de menos este espazo de compartir inquedanzas, de autoformación e de defensa dos nosos dereitos e colectivos así como dar resposta á necesidade de relación e tratar de facer ruptura da pobreza relacional que tanto dano nos está a facer nos nosos días.

Así rexurde o grupo co nome de PARTICIP-ANDO.



Nas primeiras sesións comezamos a configurar como ía ser esta parcipación dende a base, tamén como lugar no que nos preparamos para incluirnos nas actividades da EAPN Galicia, e nestas derradeiras sesións comezamos un traballo máis estruturado.


Axuda na guía do grupo o noso compañeiro Miguel Luque que sabe moito e viveu moito.

É un grupo aberto, calquera que queira pode participar, reunímonos os segundos e cuartos xoves de cada mes no Centro Sociocomunitario de Pontevedra (na Alameda) de 11 a 13.



Nas sesións pasadas decidimos, entre todos, ir creando unha serie de publicacións de denuncia social baixo o pseudónimo de "Los Cañaíllas" en honra da publicación que neste mesmo sentido faciamos cando publicabamos o noso boletín que por cuestións técnicas e organizativas tivemos que deixar de facer.

Queremos compartir con vós a nosa primeira publicación da serie: SOBRE A PERMISIVIDADE DOS PODERES PÚBLICOS E CÓMO NOS ROUBAN. 

Atentos ao seguinte post!

jueves, 30 de noviembre de 2017

Nadal 2017






Hoxe arrancamos coa campaña de Nadal. Iremos tendo novas aquí.
Feliz 2018. Pedimos aos Reis Magos. 
Que o sufrimento non sexa producido pola economía.

jueves, 2 de noviembre de 2017

RESUMO DE ACTIVIDADES OUTUBRO. INICIO DA CAMPAÑA DO NADAL


Neste mes de outubro dende a Asociación Boa Vida estivemos a desenvolver varias actividades:

Temos iniciado o Curso de Reciclaxe e Reciclaxe Téxtil financiado pola Consellería de Política Social coa participación de La Canalla e XIRO







Fomos de visita formativa a Traperos de Emaús de Navarra para fortalecer o noso traballo de grupo


Participamos das actividades da EAPN no día da loita contra a Pobreza (17 de outubro) e nesa data tivemos unha saída á rúa para reivindicar os nosos dereitos.



En datas vindeiras presentaremos a campaña de Nadal deste ano, estade atentos!

E Grazas, sempre grazas!

jueves, 21 de septiembre de 2017

FORMÁNDONOS SOBRE DEREITOS

Hoxe estamos no centro sociocomunitario da Alameda en Pontevedra aprendendo sobre dereitos fundamentais coa EAPN Galicia, preparándonos para o encontro estatal da EAPN España en Bilbao.
Non esquezas darlle ao "me gusta" na nosa páxina de Facebook Boa Vida Tenda Solidaria! E enviar a túa solicitude de amizade ao noso perfil de Facebook Boa Vida


martes, 29 de agosto de 2017

NOTA DE PRENSA ACTVIDADES DO DERRADEIRO CUATRIMESTRE DO ANO

A ASOCIACIÓN BOA VIDA INICIA O ÚLTIMO CUATRIMESTRE DO 2017 
CUNHA MESA REDONDA SOBRE ECONOMIÁ E SOLIDARIEDADE.
A asociación pontevedresa, continua a súa labor solidaria na Rúa Santa Clara 35, no novo centro de consumo responsable coa Asociación Amarante.
Presentan as actividades para o ultimo cuatrimestre do ano coas que pretenden seguir acompañando a persoas en situación de pobreza e exclusión facilitandolles empregro, formación e información, e solicitar a solidariedade da cidadanía para que sigan achegando os obxectos que xa non precisan e acudindo a facer as compras na súa tenda.
A actividade estrela de inicio de temporada é a VI Escola de Veran, que nesta 6ª edición continua achegando formación tanto a persoas en situación de exclusión como a cidadáns que queiran coñecer como funciona o voluntariado, esta actividade financiada pola Xunta de Galicia, concretamente a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, consta de dúas xornadas, e unha mesa redonda, na primeira presentarase a páxina web de dita dirección xeral, e explicaranse os dereitos e deberes que teñen os voluntarios en calquera organización, na segunda afondarase sobre o voluntariado en Boa Vida, especialmente aquel que ten como orientación o apoio no emprego. Nesta mesma Liña, o mércores 30 ás sete e media no mesmo local no que se atopa a tenda na rúa Santa Clara 35, realizarase unha mesa redonda na que a coordinadora da asociación, presentará a evolución do traballo realizado ate agora no proceso de creación da empresa de inserción “Boa Vida Trapera”, para isto contarán convidaron á ás tres administracións públicas coas que compartir a inquedanza da necesidade da creación de emprego para as persoas en situación de exclusión, e contarán no publico con persoas dos diferentes partidos politicos con representación tanto municipal como provincial e autonómico, xa que estes son os axentes finais responsables do deseño e apoio a este tipo de iniciativas.

Para asistir a estas actividades gratuitas e preciso inscribirse por mail ou telf. Datos que se atopan no blog da asociación boavidainclusionactiva.blogspot.com. Telf, 698124762

A segunda actividade é a volta ao cole, a asociación coñecedora das necesidades das familias no inicio do curso contará cun espacio dedicado a roupa, calzado e material escolar para os mais pequenos todo a partir dun euro, coma sempre anima as familias que teñen materiais que xa non usan no domicilio a que os acheguen á asociación e aquelas que estan preparandose para a volta ao cole que pasen pola tenda antes de realizar gastos extras. Como promoción este ano sortearan un lote de libros infantiles e xuvenís entre os 50 primeiros clientes. Asemade para facilitar a chegada a fin de mes, materán a ultima semana de cada mes de agosto a novembro a campaña todo a mitade de prezo durante 6 días.

Outras actividades que irán anunciando son:
  • Obradoiro permanente de reciclaxe. Financiado pola Deputación de Pontevedra.
  • Inicio de actividades no Centro Sociocomunitario da Alameda, grupo PARTICP-ando.
  • Incio de curso de formación en reciclaxe, financiado pola Xunta de Galicia.
  • 17 de outubro. Día internacional de loita contra a pobreza. Tema. Os traballadores pobres. Un representante de Boa Vida irá a bruxelas. Encontro Europeo da EAPN, Rede europea de loita contra a pobreza,  con esta temática, realizarase unha charla o 10 de outubro e unha acción de rúa o 17.
  • Continuan as campañas de cambio de armario e recadación de fondos, 100x120, coa que se levan redadados 3.285 euros que se manterá ate o 31 de decembro para poder chegar aos 12.000 euros precisos para seguir traballando.

Pola súa parte Amarante, retomará o traballo na segunda quincena de setembro despois das vacacións do persoal, co inicio do grupo de consumo responsable, as accións de voluntariado e de sensibilización da campaña CONSUME-NÓS.

domingo, 27 de agosto de 2017

jueves, 13 de julio de 2017

OBRADOIRO DE RECICLAXE E HABILIDADES SOCIAIS. MÓDULO V RECICLAXE E RECICLAXE TÉXTIL

Nos meses de xuño e xullo estamos a levar a cabo un obradoiro de reciclaxe e reciclaxe téxtil, iremos engadindo fotos sobre os traballos que están a aprender os nosos compañeiros de paso que compartimos vida e melloramos a nosa forma de estar, pensar e facer.

Agradecidas ao Concello de Pontevedra por facilitar o espazo na Casa Azul

GRAZAS!



Nesta semana aprendemos a reutilizar bricks, latas e envases de plástico e vidro mentras compartimos e desenvolvemos as nosas capacidades, grazas a todas e todos por vir e acompañarnos. 

 E grazas a Rubén o monitor que se adica á recuperación de oficios que nos ensinou a utilizar crin de cabalo e facer pinceis con madeira de árbores autóctonas!








                                Porque os pobres tamén sabemos e queremos traballar!


OBRADOIRO DE RECICLAXE E HABILIADADES SOCIAIS, MÓDULO IV BUSCA ACTIVA DE EMPREGO (BAE)


O pasado 6 de xuño realizamos un obradoiro de técnicas de Busca Activa de Emprego onde os nosos participantes puideron traballar de forma experiencial e adquirir algúns trucos e técnicas para mellorar a súa maneira de facer a busca de emprego. 

Moi satisfeitas coa participación e o interese mostrado
GRAZAS!