jueves, 27 de septiembre de 2018

miércoles, 26 de septiembre de 2018


NOTA DE PRENSA
A LOITA CONTRA A POBREZA MARATÓN DE 4 SEMANAS
A asociación Boa Vida achega á cidadanía pontevedresa a parte humana das politicas sociais.
Como cada ano ao achegarse o 17 de outubro, a asociación Boa Vida sae á rúa para recordar que a pobreza está presente na vida dos nosos veciños, e no planeta, e polo tanto tamén nas nosas vidas.
Esta asociación Galega, súmase ao lema estatal da coordenadora ONG'D
RACHA COA DESIGUALDADE, SE NOS MOVEMOS CAMBIAMOS TODO.

Para levar a diante este lema empezan este vernes día 28 ás 20 horas na Casa das Campás, cunha charla coloquio a cargo do Director de Traperos de Emaús Navarra, José María García, que versará precisamente sobre a importancia de participar sendo voluntarios, e como está evolucionando a militancia nos século XXI, partindo de que as vellas praxes xa non activan a cidadanía mais nova e de que despois do 15 M, a mobilización social xa solo se produce por razóns particulares por colectivos e non se da un movemento que poda canalizar reivindicacións globais, por exemplo pode observarse unha forza importante nos grupos feministas ou de pensionistas, pero dificilmente se conectan entre eles, o mesmo sucede coas reivindicacións das persoas empobrecidas que seguen sen ter unha voz clara na sociedade.
A semana seguinte, teñen preparada para o venres día 5 unha acción de rúa colectiva, na que participaran outros colectivos entre eles o Circulo do Silencio, de apoio as persoas refuxiadas.
A terceira semana dedicarana a analizar as rendas mínimas, cunha mesa redonda, na que ainda están por concretar os relatores e o lugar, na mesma valorarase a evolución das pensións non contributivas, e as rendas sociais, tamén as municipais de recente posta en marcha en Galicia.
E para pechar, o propio 17 de outubro, ás 20 horas no Teatro Principal, realizarán unha mesa redonda baixo o TITULO “NIN CULPABLES NIN SALVADORES “ na mesma analizaranse os logros e retos da loita contra a pobreza a nivel autonomico, provincial e municipal, e rematarase coa proxección da curta MARXES, con este encontro pretende alonxarse dos discursos que levan a dividir, os actores da acción social, culpabilizando ás administracións públcias da inoperancia e situando as ONG's, como as que si poden rachar coa pobreza.
Mais información:
Pepa Vázquez
Coordinadora da campaña. 674 137 604.
Para entrevistas ao director de traperos de Emaús. 676 957 634

lunes, 24 de septiembre de 2018

¡Bos días a todos! Co motivo da celebración do día internacional contra a pobreza celebramos unha charla-coloquio con entrada de balde este venres 28 de setembro.
Sodes benvid@s.

jueves, 6 de septiembre de 2018

Volves á escola reciclando?



A ASOCIACIÓN BOA VIDA TAMÉN VOLVE AO COLE
CON SUPER OFERTAS

A asociación Boa Vida coñece da dificultade de volver ao colexio, tanto en material escolar como roupa e outros complementos como escritorios e cadeiras, por iso oferta de forma especial este productos a prezos de super oferta.
Durante o mes de setembro a cidadanía contará con roupa ate os 16 anos a 0,50 centimos, e material escolar a prezos populares, como 5 boligrafos por un euro, ou lotes de outros materiais como cadernos, rotuladores ou mesmo escritorios e cadeiras para estudar.
Os clientes que merquen este material participaran nun sorteo dun lote de material e roupa e calzado da talla que precise a familia, que se fará público o 28 de setembro. E recibirán un puzle de regalo.
Asemade fai un chamamento ás familias que teñen materiais que non usen nos seus domicilios para que o acheguen á tenda, ao puntos de recollida do Café Moderno ou que nos chamen, de forma que o circuito da reciclaxe e da solidariedade sexa áxil e directo.
Esperámolos na Rúa Santa Clara número 35