sábado, 31 de octubre de 2015

Esta semana nos recibiron Ciudadanos e Marea. Campaña Pobreza 0: obxectivo compartido


Esta semana nos reunimos con responsables de Ciudadanos e tamén con responsables de Marea Pontevedra.

De ambas reunións obtivemos respostas moi positivas, Ciudadanos aceptou directamente a nosa proposta facendo a súa primeira donación que podedes consultar na pestana adicada a esta campaña neste mesmo blog 



A Marea Pontevedra amosouse disposta a valorar positivamente a nosa proposta, agardamos unha resposta nos próximos días



Estamos á agarda de que nos reciban o restos dos partidos con representación municipal: BNG, PP e PSOE, tendose, estes dous derradeiros, amosado dispostos a reunirse e falar con nós.

jueves, 29 de octubre de 2015

ÚNETE A NOSA CAMPAÑA

A raíz da actividade realizada o sábado 17 de outubro acomezamos oficialmente a campaña Pobreza 0: obxectivo compartido.

Solicitamos o compromiso dos partidos políticos na loita contra a pobreza materializándose este na doazón do 0.7% dos seus ingresos anuais á nosa causa.

Tamén ampliamos esta solicitude a toda a cidadanía, precisamos mercar unha furgoneta que nos permitirá realizar as recollidas de forma autónoma e independente así coma ampliar os nosos servizos.




De superar o obxectivo invertiremos o recadado no desenvolvemento dos nosos proxectos sociais de cara a seguir acompañando e axudando a persoas que día a día teñen que loitar contra a pobreza e exclusión na nosa cidade.

Porque a nós non nos exclúe ninguén, non nos rendemos e somos parte activa na nosa loita pola dignidade!

martes, 27 de octubre de 2015

Presentación punto de recollida no Café Moderno e Pontevedra

O xoves 29 ás 19:30 presentamos o noso punto de recollida no Café Moderno (Praza de San Xosé, 3, segunda planta) coa seguinte charla: Non tires as cousas pode que alguén as precise.


A partir deste día poderedes deixar alí a roupa, calzado e outros obxectos que non precisedes cada mes do día 1 ao 7

domingo, 18 de octubre de 2015

17 Outubro. Día Internacional pola erradicación da pobreza e presentación da campaña POBREZA 0: OBXECTIVO COMPARTIDO

Onte ás 12:30 limos o manifesto contra a pobreza no que pedimos que se garantan ingresos mínimos universais, compromiso e transparencia en todas as actuacións das administracións públicas e dos partidos políticos e o acceso a vivenda universal.









Pedimos o 0.7% dos ingresos anuais dos representantes políticos a todos os niveis da administración e o seu compromiso na loita contra a pobreza.
Nós precisamos 4000€ para unha nova furgoneta e queremos chegar aos 15000€ para poder seguir traballando e mantendo os nosos proxectos, para istó pedimos tamén a colaboración cidadá.
Este primeiro convite xa tivo resultados, con contestación favorable a estas propostas de Ciudadanos, mentras que o PSOE e a Marea Pontevedra recibiranos en entrevistas para valorar a proposta.
O PP e Podemos desculpan a súa ausencia mentras que o BNG non contestou ao escrito, polo que se lle volverá a enviar a carta e solcitar a correspondente entrevista.









Grazas a todos os asistentes, á asociación 4Ponlas, aos voluntarios e particpantes de Boa Vida polo apoio prestado!

viernes, 16 de octubre de 2015

17 OUTUBRO. CAMPAÑA POBREZA CERO: OBXECTIVO COMPARTIDO

Este sábado 17 de outubro a Asociación Boa Vida realizaremos unha actividade na rúa co obxetivo divulgativo e informativo sobre a pobreza, causas e alternativas. 
Visítanos na Rúa Sierra fronte ao Mercado de Abastos e axúdanos a visibilizar este día a través dos hashtags:

@BoaVida_IA
#17O
#ContraAPobrezaDignidade
#erradicaciondapobreza
#alternativaspobreza
#esixeresponsabilidades



Recordamos tamén que o mesmo sábado estará a asociación 4Ponlas (https://www.facebook.com/4Ponlas-439637759530482/) co seu mercado de consumo local e responsable.


Manifesto da Asociación Boa Vida. Mañán 17 de Outubro ás 12:30 na Rúa Siera



A Asociación Boa Vida como membro da EAPN quere sumarse no 17 do outubro, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, á súa proposta de achegar ás forzas políticas da nosa cidade, do noso Parlamento  e á sociedade en xeral as nosas voces e conclusións froito da implicación nas diferentes xuntanzas de participación tanto a nivel galego como estatal e Europeo.

Porque a nós non nos exclúe ninguén e a participación social e política funciona e así debe seguir sendo. Falamos dos nosos deberes como cidadáns e demandamos os nosos dereitos a través da nosa actividade diaria e nos Encontros de Participación e Cidadanía inclusiva aos que asistimos.
Baixo o lema da campaña  “Concellos ao servizo das persoas”da EAPN, as forzas políticas candidatas ás eleccións municipais coñeceron  datos obxectivos sobre a  pobreza nos diferentes concellos galegos, así como a indigna “lotería social” dos baixos recursos destinados a combatela en moitos deles, sendo a nosa unha das cidades cos índices de pobreza máis altos de Galicia aínda que os nosos representantes no goberno local non parezan tomar consciencia e medidas visibles para loitar contra ela.
Daquela, como agora esiximos Compromiso (en orzamentos e planificación estable), Coordinación entre as administracións públicas e as organizacións sociais e unha loita contra as causas da pobreza e pola inclusión activa, moi lonxe do asistencialismo.
“Somos persoas, non zombis” resumía unha persoa xa con fogar contándonos como comezou a deixar de vivir na rúa.
Ter información veraz, debates mais próximos, eliminar privilexios e potenciar dereitos dando, deste xeito, máis voz ao pobo. Facer que as administracións estean de verdade ao servizo das persoas, nestes tempos onde a precariedade laboral, falla de recursos, recortes nos servizos sociais básicos e carencia de vivendas dignas, seguen sendo problemas da vida cotiá de moitas persoas, no só en Galicia senón tamén en toda España e no mundo.



Non estamos sos, descubrimos os “consello de cidadáns” en Portugal como un claro exemplo de participación das persoas en risco de pobreza e exclusión na vida social, política e económica.
Somos cidadanía activa e como tal, reclamamos e defendemos os nosos dereitos, reivindicamos o noso espazo e propoñemos medidas que cremos farán posible una sociedade máis xusta para todos e todas.
o   Garantir unha renda mínima (en Galicia a RISGA) para quen a precise. Evitando a burocratización e os elevados retrasos na súa xestión local e autonómica.
o   Transparencia nas actuacións das administracións públicas a nivel local, autonómico e estatal.
o   Compromiso a hora de facer fronte aos déficits actuais en materia de sanidade, educación : bolsas do comedor, material escolar, medicamentos, etc.
o   Vontade  e compromiso en materia de emprego, priorizando as persoas en risco de pobreza e exclusión social.
o   Loita activa e real contra o fraude fiscal e a corrupción. Esixindo responsabilidades inmediatas e non queden impunes os corruptos.
o   Facer que sexan compatibles as axudas e prestacións coa formación (con axuda de bolsa) e o emprego.
o   Garantir como dereito activo o acceso a unha vivenda digna, xerando fondos de vivendas no alugueiro e garantir teito digno ás persoas que sufriron desaloxos.
As palabras e as boas intencións xa non abondan. Propomos unha acción aos partidos políticos e á cidadanía que podedes recoller na mesa de Boa Vida.
Cunha pobreza e desigualdade cada vez más extremas e crónicas, son necesarias accións concretas que muden dunha vez a realidade.
Somos positivos e seguiremos a loitar polo que queremos:
Unha sociedade xusta e libre da pobreza e a exclusión.

Pontevedra,  17 de outubro de 2015

martes, 6 de octubre de 2015

Gañadora da cesta de xoguetes

A persoa gañadora da cesta de xoguetes que sorteamos o día 2 de outubro foi a que tiña o seguinte boleto

Xa recolleu o premio na nosa tenda solidaria da Rúa Cruz Vermella nº16 en Pontevedra. 

Parabéns!! agardamos que o disfrutedes.