jueves, 17 de diciembre de 2015

Boa Vida na TVG


Con estas palabras nos describe o periodista que fixo a reportaxe:

"A Asociación Boa Vida iniciouse na solidariedade e precisamente ese é o seu alimento. Este colectivo, nado en Pontevedra, recicla roupa, calzado e xoguetes entre outros artigos e despois véndeos. A iniciativa creada por un grupo de persoas en situación de exclusión social humaniza a nosa sociedade.

É unha casualidade solidaria que a Asociación Boa Vida se instalara na rua da Cruz Vermella en Pontevedra. O que non é accidental é o exito deste colectivo con menos de dous anos de vida. Esta asociación loita contra a pobreza, a exclusión social e traballa para erradicar as desigualdades tan palpables. Fano, a través do traballo e da formación.

No seu local onde traballan dous técnicos, catro bolseiros e unha vintena de voluntrios ofrecen de todo; sobre todo roupa e calzado e nestas datas moitos xoguetes. O funcionamento é sinxelo: recollen o que lles dan e véndeno a prezos asequibles. Xogan coa vantaxe de ser visibles.

Vendendo a mercadoría que conseguen, superan os mil euros de beneficios ao mes pero aínda non son suficientes para sosterse económicamente. Por iso fan un chamamento...

Ah, e tamén ansian mercar unha furgoneta e alugar un local nas aforas da cidade para reciclar os artículos máis voluminosos."

Nesta ligazón podedes ver a reportaxe: 

http://www.crtvg.es/informativos/boa-vida-recicla-roupa-e-vendea-para-loitar-contra-a-exclusion-social-1661909


Estamos moi agradecidos de que se fagan eco dos nosos esforzos e agradecidos tamén a todas aquelas persoas que nos acompañan dun xeito ou doutro neste camiño.

domingo, 13 de diciembre de 2015

PRESENTACIÓN GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS

COMO MANEXARSE NO LABIRINTO BUROCRÁTICO PARA ESIXIR OS NOSOS DEREITOS.


O mércores 16 de decembro ás 20:00 na Epa de Pontevedra (escola de adultos) na Avda. Bos Aires 22-23 - Pontevedra.
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia - Vigo presentarannos a súa Guía de Axudas Sociais.
Esperámosvos!



Subscribimos a súas palabras e admiramos a súa labor de loita.

Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!
O empobrecemento, o desemprego, a precariedade, as pensións de miseria, a cesta da compra que non para de subir, a vivenda entendida como un ben de consumo, colócannos fronte a serias
dificultades para atender as necesidades máis básicas. Isto fai que moitas persoas nos vexamos en graves problemas para cubrir os mínimos para a vida: alimentación, vivenda, saúde...
Estas situacións estannos obrigando, a moitas de nós, a acudir aos chamados “servizos sociais” na procura de axuda, solución, ou, ás veces, dese milagre que precisamos para satisfacer as nosas necesidades básicas.
A realidade amosa que o que debería de ser un acceso seguro e transparente a un servizo público (como a sanidade ou a educación) convér tese, de feito, nunha “carreira de obstáculos” onde desgraciadamente é preciso ir informada de antemán, coñecer os nosos dereitos, saber o que dicir e o que non se “permite” facer etc.
A continuación deixamos indicacións, consellos, pautas... que consideramos útiles para aquelas persoas que pensan acudir ou xa tiveron contacto co mundo dos servizos sociais.
Para nós esta guía é unha ferramenta máis coa que loitar polo dereito a unha vida digna para todas as persoas.
Coia, decembro 2014.

lunes, 7 de diciembre de 2015

CAMPAÑA: A TÚA SOLIDARIEDADE TEN PREMIO

Seguimos recollendo roupa, calzado e xoguetes, pero durante un mes (do 8 de decembro ao 8 de xaneiro) coa túa entrega darémosche un ticket co que poderás elixir un tratamento facial ou un estudo nutricional gratuíto.
Grazas á colaboración de Centro Estilo de Vida Activo e a un gran número de salóns de estética e perruquería de Pontevedra, cafeterías e outros comercios que colaboran na visibilización desta campaña.
Mostramos así os seus servizos a persoas que colaboran con Boa Vida e os seus clientes habituais poderán ser informados do noso traballo e a nosa campaña de recollida con fins sociais. 
O traballo en rede pode xurdir de moitas maneiras e desde moitos puntos diferentes.
Grazas a quen o fai posible!






- Centro de estética Ponte Guapa -- rúa Michelena, 20 1º D
- Peluquería Ana Belén Olveira ----- rúa Castelao, 5 entreplanta
- Peluquería Aire Estilistas ----------- rúa Augusto González Besada, 13 baixo
- Peluquería Ana Barros --------------- rúa Marqués de Riestra, 14 baixo
- Peluquería Emi -------------------------- rúa Nova de Arriba, 50 baixo
- Peluquería Ani Soliño ---------------- rúa Maestro Soutullo, 7 1ºA
- Peluqueria ENCAR --------------------- rúa Gerardo Álvarez Limeses, Galerías Venecia local 4
- Peluquería Nova Imaxen ------------ rúa Oliva, 26 entreplanta
- Peluquería de caballero Wenceslao rúa Alfonso XIII, bajo
- Peluquería Rosa ------------------------ rúa Pardo Bazán 10, bajo
- DYPS 3 Perfumería - Cosmética - rúa Echegaray, 33
- Encuadernaciones Vimón ---------- rúa Marqués de Riestra, 7
- Nakasa Interiorismo ------------------- Praza de Galicia nº 5
- POT, objetos singulares y otras curiosidades ----   Rúa Marquesa 5, galerías  
- A Costureira (Hortensia Logroño) Arreglos y confecciones --- rúa Emilia Pardo Bazán, 10 bajo.
- Los Dedales de Mamá - Mercería Creativa ---- rúa Pardo Bazán, 14
- MOTOBIKE ------------------------------- Camiño Vello de Castilla, 4 
- Deportes Estadio ---------------------- Rúa Santa Clara
- Reformas Rey --------------------------- Rúa Echegaray, 45 - bajo
- Corujo Asesores ---------------------- rúa Jofre de Tenorio, 8 entreplanta
- Ara Formación -------------------------- rúa nova de Arriba, 1


- Fruterías Katuxa
- Bar - Cafetería Stratos --------------- Paseo de Colón 20
- Croisantería Dulce de Leche ----- rúas Raiña Victoria, Peregrina e Fernández Ladreda. 
- Cafetería Encuentros 2 -------------- rúa Alfonso XIII, 9 



Se queres máis información podes contactar con nós no teléfono 605 399 142 ou con Caty Argibay 633 376 769.
    
 


BOLETÍN DECEMBRO. FE DE ERRATAS

COMETIMOS UNHA ERRATA NO TELÉFONO DAS RECOLLIDAS NESTE BOLETÍN, ONDE PON 605 339 142 DEBERÍA POÑER 605 399 142, PERDOADE AS MOLESTIAS


Radio Cope Tarragona e a participación da nosa compañeira Virginia


Fai uns días a nosa compañeira Virginia foi entrevistada nesta emisora onde lle preguntaron polo Seminario de Participación Social da EAPN en Barcelona e tamén pola nosa campaña "Pobreza 0: obxectivo compartido" 

Preme na seguinte ligazón para escoitala: http://picosong.com/breQ/


Tendes máis información sobre a colaboración na seguinte ligazón tamén: http://societatlimitada.blogspot.com.es/search?updated-max=2015-09-25T03:41:00-07:00&max-results=1&start=9&by-date=false