viernes, 16 de noviembre de 2018

Subvención Contratación Garantía Xuvenil

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta da Galicia concedeunos unha subvención para o financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, a través da contratación durante sete meses de persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
Esta convocatoria enmárcase dentro do Programa operativo de emprego xuvenil, cofinanciado cunha porcentaxe do 91,89% pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, en particular:
Eixe 5. Integración sostenible no mercado de traballo das persoas novas que non se atopan empregadas, nin participan en actividades de educación nin formación, en particular no contexto da garantía xuvenil.
Prioridad de investimento 8.2. Integración sostenible no mercado de traballo das persoas novas que non se atopan empregadas nin participan en actividades de educación nin formación, así como os mozos que corren o risco de sufrir exclusión social e os procedentes de comunidades marxinadas, en particular no contexto da garantía xuvenil.
OBXECTIVOS E RESULTADOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:
Elaborar proxectos de integración social aplicando a normativa legal vixente e incorporando a perspectiva de xénero.
Dirixir a implementación de proxectos de integración social coordinando as actuacións necesarias para levalas a cabo e supervisando a realización das actividades con criterios de calidade.
Realizar actuacións administrativas asociadas ao desenvolvemento do proxecto, aplicando as tecnoloxías da información e a comunicación para xestionar a documentación xerada.
Programar actividades de integración social aplicando os recursos e estratexias metodológicas máis adecuadas.  
Deseñar e implementar actuacións para previr a violencia doméstica, evaluando o desenvolvemento das mesmas.
Deseñar actividades de atención ás necesidades físicas, e psicosociais en función das características dos usuarios e do contexto, controlando e evaluando o desenvolvemento das mesmas.
Organizar as actividades de apoio á xestión doméstica en función das características da unidade de convivencia, controlando e evaluando o desenvolvemento das mesmas.
Organizar e implementar actividades de apoio psicosocial mostrando unha actitude respetuosa coa intimidade das persoas e evaluando o desenvolvemento das mesmas.
Organizar e implementar actividades de adestramento en habilidades de autonomía persoal e social, evaluando os resultados conseguidos.
Deseñar e implementar actividades de intervención socioeducativa dirixidas ao alumnado con necesidades educativas específicas colaborando co equipo interdisciplinar.
Organizar e implementar programas de inserción laboral e ocupacional, evaluando o desenvolvemento dos mesmos e o seu axuste ao itinerario prefijado.
Obxectivo específico 8.2.4. Aumentar a contratación de carácter indefinido das persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, a través da intermediación e dos incentivos económicos.
Medida 8.2.4.2. Axudas ao emprego para a contratación de persoas novas durante un período superior a seis meses.
As persoas traballadoras que sexan contratadas para a realización dos servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser, en todo caso, persoas maiores de dezaoito e menores de trinta anos, desempregadas inscritas e beneficiarias no fichero do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 
Deste xeito, dámoslle a bienvenida ao equipo a Borja Arribas Vázquez, técnico superior en integración social. Seleccionado entre un grupo de excelentes mozos e mozas sobradamente preparados.