jueves, 19 de marzo de 2015

Notas de prensa da campaña "Ti tamén podes axudar"

Como xa comentamos, onte comezamos oficialmente a campaña de recollida de roupa e outros obxectos "Ti tamén podes axudar".

Queremos compartir con vós os recortes de prensa e agradecer aos medios que estiveron alí que nos deran eco.




miércoles, 18 de marzo de 2015

INICIO DA CAMPAÑA "TI TAMÉN PODES AXUDAR"

Hoxe deu comezo oficialmente a campaña "Ti tamén podes axudar" pola que damos continuidade ao noso proxecto Boa Vida Trapera.

Pretendemos recoller un total de 12tn de roupa neste ano 2015.

A roupa e obxectos de segunda man que recollemos nos permite, trala súa venda directa no rastro solidario e ao por maior, mellorar a calidade de vida de persoas da cidade de Pontevedra que están a pasar por dificultades económicas e sociais.

Pretendemos formarnos a partir do traballo directo no Rastro Solidario que abrirá con carácter permanente o día 7 de abril na rúa Cruz Vermella nº16 e axudarnos a adquirir habilidades para o retorno ao mundo laboral e á normalidade nas nosas vidas.


Grazas a todas as persoas, asociaicións e institucións que nos apoian (Deputación de Pontevera e Xunta de Galicia, especialmente), agardamos no ano 2015 ter tamén o apoio do Concello de Pontevedra xa que ata o momento é a única institución pública en tardar en aceptar os nosos proxectos e en recoñecermos.

viernes, 6 de marzo de 2015

Boletín mensual

Estamos moi ledos de presentarvos o noso primeiro boletín mensual, pronto o veredes nalgúns puntos de recollida como o local da Cruz Vermella, nº16, a Casa Azul, Cruz Vermella e outros dos que xa vos iremos informando. Grazas a Viryi e a Toño polo seu traballo e á persoa que se ofreceu como voluntaria para a maquetación. 



O espazo "a túa palabra" está aberto á participación de tod@s, así que si queredes que a vosa palabra sexa publicada só tendes que poñervos en contacto con nós.