TRABALLANDO EN REDE

Como sabedes o traballo en rede é básico para calquera organización, e o apoio entre entidades xerando sinerxias garante un maior éxito no que emprendemos, por iso queremos presentarvos as seguintes organizacións coas que colaboramos:
 

 http://emausnavarra.org. Como parte do movemento Internacional Traperos de Emaús.

 http://www.amarantesetem.org/  Organización galega de solidariedade para o ecodesenvolvemento, que traballa pola superación do capitalismo global cara á xustiza social

http://www.arela.org/  ARELA ten como misión o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadas, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.

http://eapn-galicia.com/  EAPN-Galicia nace co obxectivo de ser un instrumento útil e eficaz na contribución da loita contra a pobreza e a exclusión social.
Para iso entre as nosas tarefas realizamos un traballo incidencia política e de interlocución política á hora de defender as propostas e preocupacións das persoas que forman parte das entidades que integran a Rede Galega de Loita contra a Pobreza.
Cremos firmemente nun terceiro sector democrático e participativo no que a defensa dos dereitos das persoas e da súa dignidade sexa unha das principais loitas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario