jueves, 28 de agosto de 2014

III Escola de Verán. Aprendendo ecoloxía e incidencia política. 2 e 3 de setembro 2014

III Escola de Verán
Aprendendo ecoloxía e incidencia política
2 e 3 de setembro 2014
Horario:día 2 de mañá, día 3 horario mañá e tarde
Lugar: r/ Cruz Vermella 16 Pontevedra
Custe: Gratuito para socios dalgunha asociación, 5 euros para non socios
Inscripcións por orde de chegada: 
Nome e apelidos, telf, mail e dni no caso de solicitar certificado
Telf: 886160950 chamar en horario de oficina. Grazas
Limite de prazas: 15


Martes 2 de setembro
9:30- Acollida
10:00-11:00 Conferencia sobre ecoloxía e reciclaxe
11:30- Descanso
12:00-Debate
13:00- Peche
Mércores 3 de setembro
09:30- Acollida
10:00- Mesa redonda experiencias de incidencia política
11:30- Debate
12:00- Descanso
12:30-13:15 Debate final e conclusións
Tarde
17:00 - Saída a camiñar
19:00- Parada a merendar

20:15 -Volta e despedida

miércoles, 13 de agosto de 2014

En Xinzo tamén estamos a traballar pola inclusión e a inserción laboral. Achegamos a nota de prensa do curso de recollida selectiva e reciclaxe textil.

NOTA DE PRENSA

Curso de recollida selectiva e reciclaxe textil en Xinzo de Limia

A asociación Boa Vida Inclusión Activa, inicia a súa actividade en Xinzo de Limia cun curso de formación sobre a recollida selectiva e a reciclaxe téxtil.

Inscripcións ata o 25 de agosto, no CIX (CDR O Viso) - Praza maior nº 1, 1º andar, para 15 participantes os mércores e xoves pola tarde de 16 a 18:30, no telefono, 668816575 ou mail,  boavidacasazul@gmail.com.
Datas e horarios do curso: De 9 a 13 horas. Na casa da Cultura de Xinzo, durante 13 días, do 26 de agosto ao 11 de setembro, cunha bolsa de asistencia 3 euros día.
Esta acción formativa de 50 horas, financiada pola Consellería de Traballo e Benestar Social e polo Fondo Social Europeo, pretende introducir á xestión e tratamiento de residuos, prioritariamente dos textis para a súa reutilización e reciclaxe. Contará tamén con acccións formativas transversais de técnicas e habilidades sociais en relación á mellora persoal e busca de emprego e responsabilidades co medio ambiente e a igualdade de oportunidades.

A Asociación Boa Vida, inica a súa andadura en Pontevedra no 2012, formada por grupo de persoas en situación de exclusión e os técnicos que as acompañan, definense como  un grupo de persoas agradables con problemas de todo tipo, e dificultades, en situación de vulnerabilidade social, que se reunen para levar mellor a vida (opinar, acompañar, aprender, axudar, reivindicar, ser referente) coa idea de dar participación e esperanza a todo o que queira formar parte do grupo.
Traballan para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar ao accesoao emprego e oportunidades, a través da formación e o traballo en equipo.
O ambito do traballo da asociación é autonómico e deciden vir a Xinzo pol coñecemento que teñen do CDR O Viso, co que participan en accións formativas e polas sinerxias de ambas organizacións na loita contra a pobreza. Agradecen ao Concello de Xinzo de Limia a cesión das aulas para poder levar a cabo o curso.

Mais información en Xinzo de Limia: Lucia 668 816 575

Monitora de reciclaxe textil: Isabel  668 893 350


Esta é a descripción breve do Programa "Ti es Boa Vida". Infórmate
Aquí podedes ver o novo programa de Inclusión Social e Labora que está a desenvolver Boa Vida Inclusión Activa. Pídenos información por calquera dos medios indicados no cartel, estaremos encantados de atenderte.

lunes, 11 de agosto de 2014

Últimamente estamos a adicarlle pouco tempo a este blog xa que estamos inmersos na elaboración dunha serie de proxectos como "Tí es Boa Vida" encadrado no II Plan Galego de Inclusión Social do que moi pronto especificaremos detalles... estade atentos!