miércoles, 18 de noviembre de 2015

Participación de Lotería de Nadal




Xa sabedes da nosa campaña Pobreza 0: obxectivo compartido da que podedes consultar máis detalles neste evento ou na pestana deste mesmo blog con ese mesmo nome
Ademáis para seguir recadando fondos este ano temos participacións de Lotería de Nadal que podes adquirir na nosa Tenda Solidaria na Rúa Cruz Vermella nº16 en Pontevedra.
Anímate e axúdanos, con cada participación donarás 1€ á nosa causa!




Esta semana nos recibiu o Partido Popular. Campaña Pobreza 0: obxectivo compartido






No marco da nosa campaña "Pobreza 0: obxectivo compartido" xa nos teñen recibido Marea PontevedraPodemos , Ciudadanos e esta semana tamén o Partido Popular. Con resposta positiva por parte de todos eles como xa sabedes polas nosas anteriores publicacións. Tamén temos confirmada unha reunión co PSOE que nos recibirá para valorar cómo poden axudarnos. Somentes falta o BNG que sigue sen contestar a nosa petición de reunión.


martes, 3 de noviembre de 2015

PROXECTO ITINERE

Como ben sabedes moitos dos que nos seguides, levamos realizando Itinerarios Personalizados de Inserción, enmarcados no proxecto da Oficina de Dereitos e Deberes Sociais, dende o ano 2014. 

Este ano a Xunta de Galicia fináncianos de novo estas actuacións que son desenvolvidas no denominado Proxecto Itinere que pasamos a explicar brevemente:

O Proxecto Itinere é un programa especial de formación e emprego enmarcado no Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación” e desenvolvido pola Asociación Boa Vida.


OBXECTIVOS DO PROGRAMA:
- Fomentar a Inclusión Social mediante o acompañamento no proceso de formación e capacitación das persoas participantes.
- Posibilitar o acceso ao mundo laboral.

- Dotar de habilidades sociais e potenciar as capacidaes individuais de cara a busca de emprego, a mellora persoal e a inclusión social.



Realizaranse Itinerarios Individualizados de Inserción segundo o Plan Galego de Inclusión Social no que se fixarán unha serie de obxectivos axeitados a cada participante.
Levaranse a cabo actuacións formativas, capacitadoras e de acompañamento tanto individuais como de grupo para acadar ditos obxectivos.

Sen olvidar o carácter integrador de ditas actuacións que se farán baixo unha filosofia de TRABALLO EN REDE

CONTACTO:
Para participar no programa solicita a túa cita telefónicamente, a través de correo electrónico ou persoalmente en:

  R/Cruz Vermella 16 Pontevedra 
886 160 350 e 691 201 517