martes, 25 de octubre de 2016

17 coa EAPN Galicia

O pasado 17 de Outubro realizamos a nosa reivindicacións de cara ao día Internacional de Loita contra a Pobreza pero tamén estivemos presentes, grazas á nosa voluntaria Ruth no acto que a EAPN Galicia realizou ese día xunto coa Valedora do Pobo co lema SOMOS PERSOAS NON EXPEDIENTES!

Na súa páxina tendes información mais detallada sobre este acto pero compre salientar os números do índice AROPE para tomar conciencia de que temos que loitar entre todos para poder avanzar cara unha sociedade máis xusta e inclusiva.


Seguiremos participando nesta loita que nos inclúe a todas as persoas




miércoles, 19 de octubre de 2016

I XORNADA SOBRE SENFOGARISMO EN COMPOSTELA O 27 DE OUTUBRO

O vindeiro día 27 de outubro de 2016 celébrase a Primeira xornada sobre senfogarismo en Compostela, unha actividade promovida pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade
e Saúde do Concello de Santiago de Compostela.

A nosa directora Pepa Vázquez estará pola mañá falando da nosa experiencia como asociación e pola tarde a nosa presidenta Teresa Patiño falará sobre a súa experiencia persoal.




martes, 18 de octubre de 2016

"Nun mundo onde sempre gañan os máis ricos, onde a voz que máis se escoita é a dos máis poderosos e a dos que máis luxos se poden permitir, quixémonos reunir, unha vez máis, para xuntar os nosos berros en contra da pobreza e para mostrar a nosa intención de non deixar a ninguén atrás. A choiva non nos detivo e o pasado sábado 15 de outubro estivemos de troula na Praza da Ferraría por motivo do "Día internacional da erradicación da pobreza". Tivemos música da man do grupo Migallas, un mercadillo do prezo xusto e estivemos informando a todos aqueles interesados na nosa labor." #inclusiónsocial#inclusionactiva #voluntariadoactivo#pobrezagalicia @boavida_ia

jueves, 13 de octubre de 2016

17 de OUTUBRO. DÍA DE LOITA CONTRA A POBREZA

Vemonos na praza da Ferreria o sábado. Contaremos coa participación do grupo Meigallas presentando o seu derradeiro traballo, e seguro o pasaremos moi ben. Non faltedes o acto informativo xa que todos estamos xuntos neste camiño tan abraiante que e a vida. #inclusiónsocial#inclusionactiva #voluntariadoactivo #pobrezagalicia @BoaVida_IA