lunes, 20 de febrero de 2017

CURSOS 2017

Neste principio de ano temos realizados os seguintes cursos con moi bos resultados e con moito agradecemento aos asistentes e aos monitores.






ASAMBLEA XERAL 2017

A asociación Boa Vida triplicou no 2016 a súa inversión en bolsas de traballo e contratacións
-O gasto en persoal incrementouse ata os 21.045 euros no último ano pola consolidación da tenda solidaria
-A Oficina de Dereitos e Deberes Sociais atendeu a máis de 200 persoas aportando información e formación laboral




A asociación solidaria pontevedresa Boa Vida Inclusión Activa celebrou esta mañá a súa asablea anual na que fixo balance dun ano 2016 no que destacou a consolidación de actividades como a oficina de dereitos e debers sociais (ODDS) ou a tenda solidaria. A boa marcha destas labores permitiu triplicar no último ano a súa aportación en bolsas de traballo e contratacións, ao incrimentarse dos 7.309 euros de 2015 aos 21.045 en 2016.
Na asablea destacouse tanto a consolidación da actividade de Boa Vida como a do grupo humano que a compón. Formado por 41 socios, o 2016 foi un ano de crecemento en relación con outras asociacións e administracións e que se reflictiu no incremento de actividades solidarias realizadas en Pontevedra e en Vilaboa ou Poio e Cambados, así como dentro da Rede Galega Contra a Pobreza EAPN-Galicia.
Dende Boa Vida reivindican medidas para facilitar traballo e cláusulas sociais nos contratos da administración pública e ofrece unha atención digna ás persoas en situación de porbeza e exclusión social. Como ferramentas, o colectivo proporciona espazos de formación, pero tamén de capacitación laboral como son os traballos de recollidas e a tenda solidaria, cuxos ingresos permitiron o importante incremento no gasto en persoal no 2016, traducíndose na creación de 9 bolsas de formación e a creación de dous contratos temporais a dúas persoas en situación de exclusión.
Os traballos de recollidas e a tenda solidaria foron levadas a cabo por máis de 20 persoas no 2016, entre persoal voluntario, contratado e bolseiro no número 16 da rúa Cruz Vermella de Pontevedra. Dende Boa Vida destacaban o incremento no 16% na recollida de donacións con respecto ao 2015, grazas as recollidas en domicilios como na tenda e outros puntos colaboradores do colectivo como Centro Leste, Café Moderno, Concello de Vilaboa ou Geriatros Vigo, Fusión Fitness en Xinzo de Limia, ou a Universidade de Vigo.

Máis de 200 persoas atendidas
No 2016 a asociación Boa Vida puxo en marcha de forma estable a actividade da Oficina de Dereitos e Deberes Sociais na rúa Marquesa. Nace co propósito de facilitar a persoas con menos recursos información e formación sobre a insercción na vivenda e o emprego, a saúde, economía doméstica, gasto enerxético e asesoramento sobre axudas sociais.
A actividade central da oficina son os Itinerarios de inserción, que este ano foron en total 25 dentro do proxecto "Itínere", en convenio coa Xunta de Galicia. Ademáis hai que sumar os diferentes cursos de formación celebrados en Pontevedra. No 2016 a Oficina de Dereitos e Deberes Sociais atendeu a 200 persoas con informacións puntuais e orientacións persoais laborais e formativas, así como os 25 participantes da V Escola de Verán, que este ano se dedicou a Guía de Axudas Sociais publicada coa axuda do Concello de Pontevedra e na que participaron os colexios oficiais de Taballo Social e Educación Social.
Tamén destacou a participación de membros da Oficina de Dereitos e Deberes Sociais de Boa Vida impartindo diversas conferencias en Monteporreiro ou Santiago de Compostela, así como diferentes actividades de ámbito reivindicativo como as Marchas da Dignidade, a campaña do día internacional contra a pobreza e nos grupos de traballo da EAPN-Galicia.
Na asamblea, os membros de Boa Vida renovaban o seu compromiso coas persoas en situación de probreza e exclusión coa que naceu a asociación. Así, presentaba o seu plan de traballo para este ano. Entre as iniciativas destacan o inicio da colaboración coa Universidade de Vigo, seguir ampliando a relación con asociacións e concellos da contorna, comunidades de vecinos e centros educativos.
Tamén ten o obxectivo de rexistrar a Boa Vida Trapera como empresa de inserción, así como progresar na súa consolidación, así como na da tenda solidaria. Ademáis, estase a deseñar un proxecto para aumentar a formación das persoas que acuden á Oficina de Dereitos e Deberes Sociais complementaria co proxecto "Itínere".

miércoles, 8 de febrero de 2017

A CHATARRA E MOI DIGNA

Como sabedes a base do noso traballo é recoller aquelo que uns non necesitan para outros que si poidan necesitar.

Neste sentido igual que a roupa, o papel, o cartón, os zapatos, os libros e outros obxectos que nós recollemos para darlles unha segunda vida tamén a recollida da chatarra é dignidade.

"Entre o lixo pode haber dignidade" dixo unha das nosas compañeiras, activistas e voluntarias.

Deixámosvos este video que ilustra perfectamente esta reflexión.

http://www.lavozdegalicia.es/video/galicia/2016/02/01/chatarra-digna/0031_2016024732305535001.htm



Grazas polo apoio que nos mostrades cada día!