lunes, 21 de septiembre de 2015

Ciclo de charlas Boa Vida, ADICAE, AECOSAN

A raiz do traballo que ven desenvolvendo Boa Vida Inclusión Activa en materia de información e asesoramento dos dereitos da cidadanía, colabora na organización xunto con Adicae-Vigo (Asociacion de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros) nun ciclo de charlas, financiadas por AECOSAN (Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición). Son abertas ao público interesado en materia de defensa dos nosos dereitos como persoas consumidoras; celebraranse na Casa da luz, ubicada na Praza de Verdura en Pontevedra.


A continuación detallamos as datas, títulos das sesións e horarios:
  • 24 de setembro: "Coñece a túa factura da luz e aprende a reducila", as 18 horas
  • 21 de outubro: "Consumo para persoas maiores e as súas familias", as 18 horas
  • 29 de outubro: "Que non che tomen o pelo co teu seguro, coñece e defende os teus dereitos", as 18 horas
  • 5 de novembro: "Orzamento e financiación familiar: crédito non hipotecario", as 18 horas
Agradecemos a difusión das mesmas e vos esperamos!!!!.

sábado, 12 de septiembre de 2015

Ciclo charlas defensa dos nosos dereitos

Boa vida conta con programas informativos e de asesoramento referentes a dereitos e deberes como cidadás, especializada en temáticas sociais para persoas en situación de exclusión social.

Ven colaborando con ADICAE Consumidores Críticos, Responsables e Solidarios na organización dunha serie de accións informativas para a defensa dos dereitos dos consumidores na cidade de Pontevedra.
A primeira destas actividades que organiza ADICAE versa sobre os dereitos das persoas consumidoras en materia de alimentación: Que non se coman os teus dereitos” que se vai celebrar o próximo xoves día 17 de setembro as 18:00 horas na Casa da Luz ubicada na Praza da Verdura. será impartido por Miguel Pardellas, da cooperativa Feitoría Verde.


Este aula ten como obxectivo informar os cidadáns acerca dos dereitos en alimentación, de como diferentes factores actúan sobre os alimentos a nivel mundial e como podemos influír coas nosas compras para a mitigación dos mesmos. Ensinaremos as claves de como interpretar a información que nos facilitan dos produtos alimentarios para mellorar a nosa toma de decisións.
Ademáis de Boa Vida, colaboran nestas actividades ó AECOSAN (Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición) ea Casa da Luz do Concello de Pontevedra.

O seguintes obradoiros son:

  • 24 de setembro: "Coñece a túa factura da luz e aprende a reducila",
  • 21 de outubro: "Consumo para persoas maiores e as súas familias",
  • 29 de outubro: "Que non che tomen o pelo co teu seguro, coñece e defende os teus dereitos",
  • 5 de novembro: "Orzamento e financiacimento familiar: crédito non hipotecario",

Todos ás 18 horas na Casa da Luz ubicada na Praza da Verdura

jueves, 10 de septiembre de 2015

Reformas na Tenda Soliaria de Boa Vida

Estes días andivemos de reformas e agora a nosa tenda ten mellor cara



                                     
                                                       Non dubides en visitarnos





        E lembra que seguimos recollendo roupa, calzado e outros obxectos de segunda man


Estamos aquí: 






miércoles, 2 de septiembre de 2015

Volta ao cole


Presentámoslle a campaña volta ao cole, onde poñeremos a disposición das familias material escolar, roupa, calzado de segunda man, dende 1 euro

Ademais, con calquera compra realizada dende o 1 ao 30 de setembro sortearemos unha bonita cesta de xoguetes (peluches, xogos educativos, libros) e xogos de mesa para que os nenos e nenas gocen neste Nadal.

Podemos aforrar na volta ao cole dos nosos fillos e axudar a moitas persoas. Aproveita e déixanos o que xa non necesites, cos fondos recadados facilitamos a inserción laboral e social de persoas en dificultade da nosa cidade.


Axúdanos a difundir a mensaxe e ven a coñecer a nosa tenda solidaria na Rúa Cruz Vermella, 16, onde as túas compras axudan a moitas persoas!

Bases do sorteo:

Sorteo: Cesta de xoguetes pola campaña Volta ao Cole 2015 de Boa Vida.

Participantes: Clientes da Tenda Solidaria de Boa Vida por cada compra completa realizada entre o 1 e o 30 de setembro de 2015.

Procedemento: Cada cliente recibirá un tícket cun número e unha cor por cada compra que realice nesas datas. Pudendo un mesmo cliente ser posuidor de varios números de realizaren varias compras neste período.

A cada cliente lle serán solicitados os seguintes datos persoais: nome, apelidos, DNI e teléfono a efectos de comunicar o premio, sempre poderá renunciar a dar os seus datos se o prefire.

O sorteo realizarase o venres día 2 de outubro seguindo o procedemento de bombo e man inocente e será gravado por cuestións de transparencia. Este vídeo estará a dispor dos clientes previa solicitude por escrito.

Nos comunicaremos unha soa vez co gañador, publicarase no facebook, blog e na carteleira da Asociación. Se pasada unha semana o gañador ou gañadora non reclama o premio pasará ao seguinte número consecutivo da mesma cor e así sucesivamente.

En cumprimento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámolo/a de que os datos que sexan recollidos nesta campaña están incluídos nun ficheiro automatizado, cuxo fin é a prestación de servizos por parte da Asociación FISA Boa Vida. Se desexa exercer o dereito de acceso, rectificación ou cancelación, dirixa un escrito á Asociación Filantrópica de Inclusión Social Activa Boa Vida, rúa San Mauro, 40. Pontevedra.