sábado, 9 de mayo de 2015

O 9 de maio BOA VIDA únese con AMARANTE SETEM ó Día Mundial do Comercio Xusto que se centra nas inxustizas do téxtil

Outro xeito de confección e consumo son posibles

  “Tira do fío” é a lema do Día Mundial do Comercio Xusto que se celebrará o vindeiro sábado 9 de maio en AMARANTE SETEM en Pontevedra. A xornada destacará as inxustizas que esconde a elaboración de artigos téxtiles, un sector moi potente economicamente -só en España cada persoa gasta ao ano 437 euros en roupa- e que exemplifica de xeito claro as consecuencias negativas da globalización e no que se producen numerosas violacións de Dereitos Humanos.

 En Pontevedra, a celebración consistirá en visibilizar as inxustizas do téxtil e amosar que existen alternativas a un modelo tan explotador como insustentable. Para iso desde o 9 de maio -día da inauguración- e durante unha semana contaremos na tenda de AMARANTE unha mostra de roupa feita con criterios de comercio xusto,  ecolóxico, local, reutilización e economía social.  

Onde as persoas que compren roupa gozarán de estupendos descontos promocionais.

 Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), só entre os anos 2010 e 2011, tiráronse 745 toneladas de roupa e residuos téxtiles en Galicia.


ACTIVIDADES:

Maio do 9 ao 16 na tenda de AMARANTE (r/San Román, 09): contaremos coas seguintes iniciativas:

 Feita en organizacións de comercio xusto da India e de Nepal: vestidos de algodón ecolóxico, camisas e pantalóns de algodón e seda

 Feita en Galicia:

Rodopio de Santiago: roupa con fibras naturais e residuos téxtiles de forma artesanal para nenos/as de 0 a 7 anos
 - A Cestola na Cachola de Lalin: cooperativa que deseña e fai camisetas con algodón  ecolóxicas
 - O Tatán de Ourense: deseños de roupa para muller todo en ecolóxico e/ou reutilizados
 - Boa Vida de Pontevedra: asociación de inserción de persoas en risco de exclusión con roupa de segunda man.
Tamén proxectaremos vídeos documentais sobre organizacións do Sur que elaborasen a roupa que estará exposta durante toda a semana


 En xuño contaremos cunha 2º actividade: a mediados de xuño traballadoras de Marrocos estarán en Galicia para visibilizar e denunciar as condicións de millóns de mulleres que traballan en condicións de explotación no sector téxtil, e contarán a situación en Marrocos sobre a ausencia de dereitos sindicais e laborais e a súa demanda sobre salarios dignos.

¡Agardámoste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario