viernes, 14 de noviembre de 2014

OBRADOIROS SOLIDARIOS A Asociación Boa Vida

OBRADOIROS SOLIDARIOS A Asociación Boa Vida,
organiza dous obradoiros solidarios nos próximos días
Dando continuidade á liña de traballo de formación e información que a asociación ten en marcha na nosa cidade ofrece neste caso un  OBRADOIRO introductorio  DE COSTURA, PERSONALIZACIÓN DE COMPLEMENTOS E ROUPA, levarase a cabo na rúa Cruz Vermella nº16 o vindeiro xoves 20 de novembro, de Horario: 16:30 a 18.30.
O obxectivo deste obradoiro é  adquirir novas capacidades e competencias no  ámbito do ámbito do tratamento do textil e aprender novas formas de reutilización e reciclaxe.


“Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo FEDER/FSE de Galicia 20072013, Eixe 2 e tema prioritario 70 71, cunha taxa de cofinanciamento do 80%”. 


O outro obradoiro será sobre NOVAS TECNOLOXÍAS E WHATSAPP, o obxectivo deste obradoiro é fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías, desenvolver habilidades para o manexo da aplicaicón Whatsapp”,Telegram, Line e Viber, rendabilizar o servizo de internet no telefono e promover as relacións sociais entre os participantes. Serán dúas sesións de unha hora cada unha  os mércores 19 e 26 de novembro  de 11 a 12 horas. No local de usos múltiples que a asociación ten na rúa Santiña num 55.

“Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo FEDER/FSE de Galicia 20072013, Eixe 2 e tema prioritario 70 71, cunha taxa de cofinanciamento do 80%”. 



Coma sempre os obradoiros da Asociación Boa Vida, son gratuitos e están abertos a toda a cidadanía pontevedresa, no caso de que as persoas participantes teñan ingresos superiores a 450 euros, achegaran unha cota simbólica á asociación.

O numero máximo de prazas é de 10 por orde de inscrición, que se pechará o día antes do inicio dos obradoiros.

Para inscribirse pódese pasar polas instalacións da asociación na rúa cruz vermella en horario de mañá (10 a 12 h) ou chamando por telefono 886 160950 – 691 201 517 ou por mail no correo habitual ou no novo correo da oficinadereitosociaisboavida@gmail.com.

Estes dous obradoiros evidencian a necesidade de exercicio de dous dereitos fundamentais o primeiro a vivir nun medioambiente saúdable coidando do mesmo e ao vestido digno coidando da nosa saúde, coa reutilización e reciclaxe abordamos estes dous dereitos e deberes.

O segundo á información e comunicación, e a facer un uso responsable dos nosos recursos, como é sabido o dereito á información é o mais vulnerado na nosa sociedade especialmente para as persoas en situación de pobreza e exclusión.

Estas actividades estan cofinanciadas pola Dirección Xeral de Familia e Inclusión a través do Fondo Social Europeo.

Mais información para medios de comunicación
Pepa Vázquez. Coordinadora das actividades

680 130 933

No hay comentarios:

Publicar un comentario