viernes, 16 de marzo de 2018

NOTA DE PRENSA

NOTA DE PRENSA
O CONCELLO DE PONTEVEDRA COLABORA COA ASOCIACIÓN BOA VIDA
IMPARTIRAN UN CURSO De Empregada/o de fogar

Financiadas ao 100% pola Consellería de Política Social, e o Fondo Social Europeo a asociación levará a cabo un curso de Empregada/o de fogar, no que se poden inscribir tódolas persoas interesadas do Concello de Pontevedra e arredores.

Ás persoas participantes no curso formaranse en  coñecementos principais para levar a cabo os labores do fogar , limpeza, lavado, secado e pranchado das pezas, elaboración de alimentos e o coidado dos máis pequenos e maiores.

Asemade recibirán dous módulos de busca de emprego e igualdade de xénero, nos que afinarán as habilidades principais para atopar traballo e coidarse para coidar aos demais.

O curso levarase a cabo na Casa Azul do Concello de Pontevedra, ten unha duración de 100 horas, e dará comenzo o 2 de abril, o alumnado terá dous días libres á semana para poder facer outras actividades, e rematará o 28 de maio, o horario será de 9:30 a 13:30.

Para inscribirse e participar na selección hai que dirixirse a Asociación Boa Vida Telf 688124762 ou acudir á Rúa Santa Clara 35, deixar o nome e telefono e serán citados para entrevista.

Terán preferencia as persoas enviadas dende os servizos sociais municipais e de organizacións sociais da contorna, así como aquelas que conten con situacións de maior vulnerabilidade e factores de exclusión como o desemprego, cargas familiares non compartidas e outros procesos de rehabilitación social.
Puntos de inscricións e información:
Mais información
Telf. 605 399 142
Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”

No hay comentarios:

Publicar un comentario