martes, 27 de febrero de 2018

ASAMBLEA XERAL 2018


A asociación boa vida presenta balance e plan de traballo 2018 no local social do Gorgullón
Pecha o 2017 con balance positivo tanto a nivel económico como no equipo humano
A asemblea aberta terá lugar de 10 a 13 horas mañá sabado 24 de febreiro no local cedido pola asociación Eduardo Pondal para este evento.
Neste 6 ano de actividade a asociación seguiu traballando na loita por un mundo mais xusto facilitando información, orientación e ingresos a cidadanía pontevedresa
Como xa é coñecido a Asociación ten dous piares de traballo por un lado a Oficina de Dereitos e Deberes Sociais financiada principalmente pola Consellería de Politica Social e o Fondo Social Europeo, na que durante o 2017 se chegou a 600 persoa cos repartos de información na rúa e con entrevistas na oficina a 200 persoas sobre recursos sociais e se levaron a cabo 21 acompañamentos intensivos e 13 de baixa intensidade, dos cales 6 atoparon emprego.
Neste mesmo programa desenvolven a formación que no 2017 foron 3 curso de reciclaxe textil (Cambados, Poio e Pontevedra) coa participación de 45 persoas que viron melloradas as súas habilidades sociais e coñecen o proceso da reciclaxe téxtil.
A deputación de Pontevedra cofinanciou nun 80% o obradoiro permanente de reciclaxe e habilidades sociais no que participaron 15 persoas, que recibiron formación en empoderamento dixital, habilidades sociais, alimentación, busca de emprego e reciclaxe diverso.
Asemade a Dirección Xeral de xuventude participación e Voluntariado co financiou nun 40% a VI Escola de Verán, coa que se incorporaron voluntarios novos e se formou o voluntariado.
O espiritu de traballo en rede segue marcando a actividade da asociación que manten contacto con Cruz Vermella, Interparroquial de Monteporreiro, San Vicente de Paul e a EAPN.
O segundo piar, BOA VIDA TRAPERA, recollidas, selección de material en desuso e facilitación de ingresos a persoas en situación de exclusión.
Este traballo é posible grazas ás doazons da cidadanía Pontevedresa que durante o 2017 realizou 2204 doazóns o que supñon un aumento do 40% respecto ao 2016. Un dos puntos mais importantes de recollida é o Café Moderno donde se poden depositar as bolsas.
Cos ingresos obtidos a asociación pode sufragar os gastos de mantemento dos alugueres e furgoneta así como facilitar ingresos a 9 familias que ao longo do ano puideron traballar na asociación e recibir unha beca de formación de forma que ao tempo que aprenden reciben ingresos. O importe destinado a este fin foi durante o 2017 de 23798,42 euros o que supon o 56,57% dos gastos totais desta actividade. Que se pode manter grazas ao traballo que levan a cabo un equipo de 30 persoas voluntarias que con dedicacións horarias diferentes fan posible a actividade.
Unha actividade especial que realiza dende este proxecto son os micro-creditos que ascenderon a 1627 euros dos cales estan pendentes de devolución 981,76.

Para o 2018, a organización pretende ampliar en dous postos o traballo no piar de recollidas o que lles permitiria manter as recollidas de mobles e obxectos mais voluminosos, asemade precisa consolidar o equipo tecnico da oficina de dereitos sociais co que pretende impulsar un programa de participación que se chamará “caféquente”. Co que manterá a actividade formativa e de loita contra a pobreza relacional de forma continuada con reunións duas veces ao mes.
Asemade executará o convenio coa Universidade de Vigo para iniciar o plano estratéxico 2019-20122.
Agradece a cidadanía tanto os procuctos que lle achega como as compras que realiza na rúa Santa Clara 35.

No hay comentarios:

Publicar un comentario