miércoles, 12 de abril de 2017

5 anos loita pola xustiza e apoio económico


Este é o deseño do noso chaveiro solidario, custa 2 euros, axudasnos a vendelos??
Queres facerte doante, e darnos o teu apoio económico?? envíanos mail....

Estimado señor/a

Tal vez coñeza a nosa actividade solidaria xa que nos ten entregado roupa e outros obxectos e quizais ten mercado na nosa tenda.

Como seguramente sabe, BOA VIDA, iníciase en Pontevedra. Un grupo de persoas “con problemas de todo tipo” en “situación de vulnerabilidade social” reunímonos para mellorar a nosa vida coa idea de dar participación e esperanza a todo o que quixer formar parte do grupo. Esta é a filosofía. A base é o traballo e a formación-acción participativa. Contamos co apoio do movemento “Traperos de Emaus Navarra.”


Hoxe BOA VIDA ten dúas áreas de acción:

BOA VIDA TRAPERA. Que se ocupa da recollida, manexo e venda de residuos útiles (roupa, calzado, etc). Os materiais recollidos selecciónanse, clasifícanse e véndense na tenda se son aptos para iso. O resto envíase para reciclaxe. Nestes momentos temos catro bolseiros formados, que fan recollida, selección, clasificación e atención na tenda; unha persoa contratada e, ademais, contamos coa colaboración de varios voluntarios.

OFICINA DE DEREITOS E DEBERES SOCIAIS (ODDS). Un espazo para intercambio de información e formación. Un espazo de apoio e tamén para defender e avanzar no logro de dereitos, tales como emprego, axudas sociais, vivenda… elabóranse itinerarios de inserción laboral. Nos últimos dous anos, demos información de calidade a 200 persoas, acompañamos en itinerarios de inserción a 50 e facilitamos formación en cursos a 120 persoas. Todo isto con apoio financeiro público (da Xunta de Galicia) e achegas solidarias de particulares .

Queremos que o proxecto de BOA VIDA TRAPERA siga camiñando de forma estable, igual que a vida das persoas que loitan por saíren da pobreza, por isto precisamos fondos cos que axudar a financiar a seguridade social e os custes do mantemento dos postos de traballo creados.

Dirixímonos a vostede para agradecerlle todo o apoio prestado até agora. Gustaríanos dar un paso mais e, por iso, invitámolo a que se faga doante. Achegámoslle o impreso que nos tería que devolver asinado si así o desexase


No hay comentarios:

Publicar un comentario