jueves, 4 de agosto de 2016

A Renda Básica Universal fronte a crónica falta de emprego

A nosa constitución do 78 proclama que o Estado Español é un estado de dereito democrático e social. Esta última palabra "o social" representa a lectura interesada que a clase política fixo da economía e da riqueza creada no país. Si foramos un estado liberal, o principio de liberdade e dereito de propiedade impedirían un estado social que mirase por todas e cada unha das persoas. Pero estamos nun estado social e a riqueza e producto dunha sociedade xa coa producción o con o consumo fai rodar de momento este sistema. Se non hai traballo remunerado (traballo sempre hai, os dos coidados, os do ciclo da vida, o voluntariado) debemos facer todo o posible para que as persoas accedan o emprego (tal e como consta na Carta Social Europea de Turín 1961). Traballo remunerado a media xornada que esté ben respaldado por unhas cotizacións sociais que creen dereitos e un salario que sexa suficiente máis aló do Salario Mínimo Interprofesional. A desgraza do sistema capitalista liberal é que sin a axuda de medidas sociais de corte estatal, éste capitalismo sería capaz de afogar económicamente ó seus  potenciais clientes. Nembargantes estas medidas sólo son un pequeno remedio para a crisis industrial e social que supón a tecnoloxía electrónica e a automatización dos procesos.

A renda básica universal no condicionada e suficiente supón o recoñecemento do dereito de cada persoa a unha vida digna no amplo senso da expresión: dereito a pan, traballo e teito, educación, sanidade, lecer e oportunidades para o desenvolvemento das capacidades persoais. A misma UE afirmou xunto coa OCDE que o salario mínimo interprofesional non  garante a coberturas das mínimas necesidades dun ser humano. Pra a nosa desgracia tanto a patronal CEO como dende o Banco de España se promove que haixa contratos por debaixo do SMI. Favorecendo a exportación moitos grandes conglomerados empresariales fan beneficios que superan en moito ás perdas destes anos. ¿É as traballadoras? pois a traballar na semi escravitude por insuficiencia de salario, dispoñibilidade absoluta, e horas que nin se pagan nin se cotizan.

A RENDA BÁSICA É A SOLUCIÓN PARA UN PAÍS QUE NON DEIXA NINGUÉN ATRÁS

No hay comentarios:

Publicar un comentario