viernes, 22 de julio de 2016

ACORDOS E ESQUENCEMENTOS
Namentres no Congreso e no Senado xogan ó carrusel das cadeiras temos cada vez novas máis alarmantes da fenda social que se abre no estado. A diferencia entre o 20% máis vulnerable ou directamente empobrecido co respecto o 20% máis rico, medra e ve coma ós seus dereitos garantidos xa non pola constitución  e os DDHH de Nova Iorque, senón polos dereitos garantidos pola Carta Social Europea de Turín de 1961. Sí, é esa onde se consagra o dereito o pleno emprego. Esa que non aparece citada nas novas confitadas polos grandes medios, ou nas xuntanzas do ECOFIN.

Comprobamos xa antes das eleccións que o medo ós mercados financieiros  (prima de risco, ameazas de non financiamento do BCE, as axencias de Rating) levou a que incluso os partidos de ruptura deixasen no rocho as propostas de RENDA BÁSICA UNIVERSAL, mudando cara as rentas de inserción. Isto non só provoca unha feble axuda para a sociedade empobrecida, esa onde se dí que se rabuñou o chan da clase media, senón que non incide no empoderamento cidadán, e incluso é atacada dende ámbitos neoliberais como unha esmola graciable chea de supostos fraudes.

Pero como nos deportes onde hai un tempo engadido esperamos que se acorden, esperamos a sensibilidade para as que sofren a violencia estructural...esperaremos un tempo. Non máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario