jueves, 17 de diciembre de 2015

Boa Vida na TVG


Con estas palabras nos describe o periodista que fixo a reportaxe:

"A Asociación Boa Vida iniciouse na solidariedade e precisamente ese é o seu alimento. Este colectivo, nado en Pontevedra, recicla roupa, calzado e xoguetes entre outros artigos e despois véndeos. A iniciativa creada por un grupo de persoas en situación de exclusión social humaniza a nosa sociedade.

É unha casualidade solidaria que a Asociación Boa Vida se instalara na rua da Cruz Vermella en Pontevedra. O que non é accidental é o exito deste colectivo con menos de dous anos de vida. Esta asociación loita contra a pobreza, a exclusión social e traballa para erradicar as desigualdades tan palpables. Fano, a través do traballo e da formación.

No seu local onde traballan dous técnicos, catro bolseiros e unha vintena de voluntrios ofrecen de todo; sobre todo roupa e calzado e nestas datas moitos xoguetes. O funcionamento é sinxelo: recollen o que lles dan e véndeno a prezos asequibles. Xogan coa vantaxe de ser visibles.

Vendendo a mercadoría que conseguen, superan os mil euros de beneficios ao mes pero aínda non son suficientes para sosterse económicamente. Por iso fan un chamamento...

Ah, e tamén ansian mercar unha furgoneta e alugar un local nas aforas da cidade para reciclar os artículos máis voluminosos."

Nesta ligazón podedes ver a reportaxe: 

http://www.crtvg.es/informativos/boa-vida-recicla-roupa-e-vendea-para-loitar-contra-a-exclusion-social-1661909


Estamos moi agradecidos de que se fagan eco dos nosos esforzos e agradecidos tamén a todas aquelas persoas que nos acompañan dun xeito ou doutro neste camiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario