viernes, 20 de febrero de 2015

Publicación na Revista Galega de Traballo Social



Pepa Vázquez escribe na revista de traballo social Fervenzas e conta a experiencia de Boa Vida dentro da sección En Rede (páxina 159)

A asociación Boa Vida está constituída por persoas en situación de vulnerabilidade social, e os técnicos que as acompañan traballan para diminuíras desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades,a través da formación e o traballo en equipo.
Boa Vida, nace como froito do traballo social realizado no Equipo Municipalde Inclusión Social do Concello de Pontevedra (pechado hai 3 anos).
Detectada a necesidade de ter apoio moral dun grupo de persoas en situación de pobreza e exclusión social, que non ía volver ao mercado laboral “tradicional”,que xa pasara por procesos formativos, e que decide compartir e crear saberes novos, comezouse a traballar elaborando unha lista de temas que cada persoa expoñía, e así se xerou a dinámica de encontro.
Dende abril do 2014 é entidade prestadora de servizos sociais.
Algunhas das claves foron a toma de conciencia por parte das persoas do grupo, de ser conscientes de que as causas da situación de pobreza non son culpa delas. De non saberse soas, e sentirse acompañadas. A base do traballoé a formación-acción participativa, con dúas áreas principais:

1. A oficina de dereitos e deberes sociais, na que se encadra a información, formación e a realización de itinerarios de inclusión social e laboral (no ano 2014 financiados pola Consellería de Traballo e Benestar a través do Fondo Social Europeo). Así mesmo conseguiuse unha cesión durante 2 anos de catro vivendas, nunha delas residen dúas persoas en comunidade ao tempo que se deseña o modelo de apoio a persoas sen vivenda ou con vivendas precarias, noutra instaláronse as oficinas e unha aula de usos múltiples pensada para actividades de día e as outras dúas están en proceso de rehabilitacióne xa se iniciou actividade avícola, que conecta coa participación nun proxecto de microhortas que iniciou Cáritas na cidade.
2. O proxecto Boa Vida Trapera dedícase á recollida e recuperaciónde roupa e calzado, co fin de xerar ingresos, atópase na primeira fase de investigación participativa na que se fai o proxecto de viabilidade ao tempo que se realiza a actividade a modo de práctica.
Esta actividade está apoiada por Trapero de Emaús de Navarra.
Forman parte da EAPN (Rede galega de loita contra a pobreza) e puideron iniciar esta andadura grazas ao compromiso das persoas en situación de pobreza, ao traballo desinteresado dos técnicos e nos últimos meses asete persoas que prestaron 8.000 euros para poder iniciar asas actividades que financia a Consellería de Traballo e Benestar e que ingresou a metade ao xustificar o inicio das actuacións e a outra metade no 2015.
Dado o primeiro paso queda camiñar e asentar un proxecto que como se pode ver precisa da colaboración desta profesión tanto a nivel técnico como económico.
A asociación ten a súa sede en Pontevedra. Podes atoparnos en:
boavidainclusionactiva.blogspot.com
Tfno.: 886 160 950

Na seguinte ligazón podedes ler o artigo completo
http://www.traballosocial.org/web/images/stories/Fervenzas_17.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario