viernes, 16 de enero de 2015

Breve valoración do rastro solidario de Boa Vida

O 9 de decembro abrimos un rastro solidario na Rúa Cruz Vermella nº16 que permaneceu aberto ata o día 5 de xaneiro.





O proxecto enmárcase dentro de Boa Vida Trapera polo que se pretende facilitar a inserción social e laboral de persoas en situación de risco de exclusión social e/ou con dificultades no ámbito socia e laboral que pertencen a asociación.

Supón unha oportunidade de aprendizaxe diario na atención ao público, a xestión da tenda (caixa, reposicións...) e xestión do almacén (recepción de roupa e obxectos de segunda man, selección de ditos obxectos e venta).

Resultou unha experiencia moi positiva grazas ao esforzo de todas as persoas implicadas, á súa disposición para aprender e mellorar e a súa actitude de superación.

O rastro supuxo tamén unha oportunidade de poder acceder a roupa, calzado, xoguetes, libros e outros obxectos para persoas con poucos recursos xa que os prezos oscilan entre 0.5€ e 10€ estando o prezo promedio en 3€.

Temos que decir que o proxecto tivo moi boa aceptación por parte dos veciños da cidade que se achegaron tanto a mercar como a doar roupa e outros obxectos.

Fixemos unha estimación de venta diaria de 50€ que se superou dende o primeiro momento o que nos vai permitir ter un fondo para seguir traballando no próximo ano e para crear unhas bolsas polas que se compensen os gastos derivados do transporte e o tempo adicado polas persoas que estiveron aprendendo, na tenda, durante este periodo dun mes de xeito voluntario.

Os compañeiros que están a levar a tenda din cousas como que esta tenda é unha motivacion para erguerse todas a mañáns, é unha ilusión e un orgullo poder participar dela.


Por último queremos volver a agradecer todo o apoio mostrado tanto polos nosos veciños da cidade así como dalgunhas tendas que nos doaron libros e roupa, as persoas que nos apoiaron como voluntarias e tamén dos medios que estiveron pendentes de nós.

Unha aperta

No hay comentarios:

Publicar un comentario