viernes, 3 de octubre de 2014

Qué imos facer coa roupa que nos ides donando

Dende Boa Vida traballamos tódolos días para conseguir unha sociedade máis xusta para tod@s. 

Por iso comezamos este proceso de recollida de roupa.

Queremos informar a tod@s as persoas que xa colaboraron e a aquelas que están por facelo de qué imos facer coa roupa:

Estamos na primeira fase de creación dunha empresa de inserción social donde a través da recollida, selección, tratamento e venda da roupa que nos tendes donado pretendemos dar traballo a persoas en risco de exclusión social ou en situación de exclusión social da cidade de Pontevedra ademáis de promover a sostenibilidade, a reutilización e o reciclaxe.

Por iso seguimos solicitando e necesitando a colaboración cidadá esperando poder levar a bo porto esta iniciativa.

Así que de novo GRACIAS a tod@s!

*Podedes visitar o seguinte enlaces para vos informar de iniciativas similares á nosa:

http://www.emaus-navarra.com/index.php/es/hacemos

No hay comentarios:

Publicar un comentario