lunes, 8 de septiembre de 2014

Petición de apoio

Hoxe mesmo saiu esta carta, para 7 persoas que poden axudarnos, ¿coñeces ti alguén mais?.
----------------------------------------------------------------------------------

Pontevedra 8 de setembro de 2014
Bo día!
Diríxome a ti coa confianza de ternos atopado en diferentes actividades de compromiso social.
Como sabes levamos dous anos e medio organizándonos en Boa Vida para poder acompañar dende, a fraternidade, a persoas en situación de pobreza e exclusión social.
Tamén estamos sentando as bases para poder crear emprego a través da recollida de roupa e calzado, asesorados e apoiados economicamente por Traperos de Emaús de Navarra.
Dende o mes de abril deste ano 2014 somos entidade prestadora de servizos sociais rexistrada na Xunta de Galicia, o que nos deu a oportunidade de presentarnos á convocatoria de subvencións para afianzar o traballo iniciado.
No mes de agosto concedéronnos a axuda solicitada, agora temos que realizar o gasto antes de que nos sexa ingresado o importe da axuda
Aí é onde pedimos a túa colaboración: estamos buscando un mínimo de 17 persoas que poidan anticiparnos parte da subvención, ás que lle devolveríamos o préstamo en canto se cobre a subvención (xaneiro/febreiro de 2015).
O obxectivo é atopar 17 persoas que poidan prestarnos, sen intereses, 1000 euros cada unha, que serían para a ir pagando os gastos que implica o inicio da actividade (seguridade social, seguros de voluntariado, alugueiro, teléfono, …. Tamén axudas para persoas en situación de pobreza e salarios dos técnicos que os acompañamos, etc.)
Proximamente, chamareite por teléfono, dareiche toda a información que precises, tanto para facer adiantos máis pequenos como para ver se ti coñeces a alguén que poida facernos este apoio.
Se ti podes ser una desas 17 persoas, envíanos un correo.
Grazas inmensas no meu nome e no das persoas que teñen coa túa acción unha oportunidade de saír do círculo da pobreza.

Pepa Vázquez
Traballadora Social- Coordinadora

No hay comentarios:

Publicar un comentario