miércoles, 13 de agosto de 2014

En Xinzo tamén estamos a traballar pola inclusión e a inserción laboral. Achegamos a nota de prensa do curso de recollida selectiva e reciclaxe textil.

NOTA DE PRENSA

Curso de recollida selectiva e reciclaxe textil en Xinzo de Limia

A asociación Boa Vida Inclusión Activa, inicia a súa actividade en Xinzo de Limia cun curso de formación sobre a recollida selectiva e a reciclaxe téxtil.

Inscripcións ata o 25 de agosto, no CIX (CDR O Viso) - Praza maior nº 1, 1º andar, para 15 participantes os mércores e xoves pola tarde de 16 a 18:30, no telefono, 668816575 ou mail,  boavidacasazul@gmail.com.
Datas e horarios do curso: De 9 a 13 horas. Na casa da Cultura de Xinzo, durante 13 días, do 26 de agosto ao 11 de setembro, cunha bolsa de asistencia 3 euros día.
Esta acción formativa de 50 horas, financiada pola Consellería de Traballo e Benestar Social e polo Fondo Social Europeo, pretende introducir á xestión e tratamiento de residuos, prioritariamente dos textis para a súa reutilización e reciclaxe. Contará tamén con acccións formativas transversais de técnicas e habilidades sociais en relación á mellora persoal e busca de emprego e responsabilidades co medio ambiente e a igualdade de oportunidades.

A Asociación Boa Vida, inica a súa andadura en Pontevedra no 2012, formada por grupo de persoas en situación de exclusión e os técnicos que as acompañan, definense como  un grupo de persoas agradables con problemas de todo tipo, e dificultades, en situación de vulnerabilidade social, que se reunen para levar mellor a vida (opinar, acompañar, aprender, axudar, reivindicar, ser referente) coa idea de dar participación e esperanza a todo o que queira formar parte do grupo.
Traballan para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar ao accesoao emprego e oportunidades, a través da formación e o traballo en equipo.
O ambito do traballo da asociación é autonómico e deciden vir a Xinzo pol coñecemento que teñen do CDR O Viso, co que participan en accións formativas e polas sinerxias de ambas organizacións na loita contra a pobreza. Agradecen ao Concello de Xinzo de Limia a cesión das aulas para poder levar a cabo o curso.

Mais información en Xinzo de Limia: Lucia 668 816 575

Monitora de reciclaxe textil: Isabel  668 893 350

No hay comentarios:

Publicar un comentario