lunes, 17 de marzo de 2014

Bitacora Visita a Traperos de Emaús Navarra

BITACORA TAPRERA

1º día de camino.....Lluvia de percepciones, sensaciones mezcladas, ambiguas. El desafío es grande pero vale la pena intentar cambiar nuestros finales anunciados....trabajar para conquistar posibles....

Nos deslumbra lo logrado pero las experiencias de vida que escuchamos, la idea de bien común que se nos trasmite, la puerta abierta, el corazón solidario de esta casa, de esta comunidad, despierta, moviliza, activa......

Resumo Actividade Febreiro 2014

Erase una vez que por testarudos y contra pronóstico soñamos …..


Después de planificar, debatir y acordar viene la acción, seguir trabajando para ser capaces de dar un paso tras otro sin prisa, con algunas pausas, con las incertidumbres del camino y la meta lejana...pero quien mejor que nosotros sabe que todo parece sencillamente imposible hasta que se hace.

Seguimos siendo esa otra parte de la ciudadanía que se encuentra en esta “sociedad organizada” pero cuya vida transcurre al margen por lo que nuestras vidas tienen el “deber “ de ser una demanda tácita al sistema, ese que en cumplimiento del principio de igualdad, debería prestar la atención suficiente, interpretar y atender situaciones.

La Oficina de Deberes y Derechos Sociales de Pontevedra ya tiene presencia. Nos juntamos en la Gradicela cada segundo y cuarto jueves para formarnos e informar, para apoyarnos en la defensa y conquista de los derechos sociales, no menos elementales y necesarios que otros, y si es el caso denunciar y en eso estamos.

Nuestro primer objetivo visualizar las comisiones bancarias desmedidas que se nos cobran como perceptores de rentas mínimas; simplemente porque la Tesorería de la Xunta nos las ingresa como una transferencia sin detallar debidamente el concepto. Lo que da lugar, una vez más, a que la riqueza de unos pocos se genere y mantenga por la pobreza de muchos ¿Por qué seguir aceptando vulneraciones flagrantes al sistema con la resignación de de quien se enfrenta a lo inevitable? Alzamos la voz y haciendo uso de nuestra ciudadanía decidimos escribir trasladando nuestra queja al Valedor do pobo quien por lógica debe ser el transmisor del pulso de la sociedad y oficiar de nexo con la administración y los poderes públicos.
Creando sinergías presentamos la oficina a la Concejalía de Benestar Social del Ayuntamiento de Pontevedra, pronto tendremos un encuentro con las profesionaes del mismo. Visitamos Oficina de Derechos Sociales de Coia para conocer su experiencia y trasladarle nuestras expectativas, en definitiva sumar esfuerzos para multiplicar.

Si vivimos sin que nuestra presencia se note que nuestra ausencia se sienta.

Dicen que si se esperan las condiciones ideales nunca se darán por lo que decidimos no esperar y seguir caminando hacia Emaús cumpliendo nuestro plan de trabajo. En esta primera fase estamos elaborando nuestro pensamiento colectivo, leyendo y resumiendo material. Ya diseñamos el tríptico de la asociación y la actividad en concreto. Creando redes y gestionando para conseguir financiación, almacén y el textil estamos preparando la charla de presentación y dándonos a conocer frente a la administración y posibles entidades cooperantes. Leales a la idea de aprender desde el hacer preparamos nuestro viaje a la comunidad de Traperos en Belzunce Navarra.

Recibimos a Emaús Vigo e intercambiamos puntos de vista en relación a la relación entre ambas asociaciones.

Para cumplir con el funcionamiento normativo de la asociación renovamos parcialmente la junta directiva. Tonño y Miguel serán el tesorero y el secretario, confiamos en su buena gestión y agradecemos a Elvira y Rafa su labor.

Nadie puede volver atrás y hacer un nuevo comienzo, pero todos podemos comenzar a partir de ahora y hacer un nuevo final.


Resumo actividades en Galego FEBREIRO 2014

Erase unha vez que por testans e contra prognóstico soñamos.....

Despois de planificar, debater e acordar vén a acción, seguir traballando para ser capaces de dar un paso tras outro sen présa, con algunhas pausas, coas incertezas do camiño e a meta lexana...pero quen mellor ca nós sabe que todo parece sinxelamente imposible ata que se fai.

Seguimos sendo esa outra parte da cidadanía que se encontra nesta "sociedade organizada" pero cuxa vida transcorre á marxe polo que as nosas vidas teñen o "deber " de ser unha demanda tácita ao sistema, ese que en cumprimento do principio de igualdade, debería prestar a atención suficiente, interpretar e atender situacións.

A Oficina de Deberes e Dereitos Sociais de Pontevedra xa ten presenza. Xuntámonos na Gradicela cada segundo e cuarto xoves para formarnos e informar, para apoiarnos na defensa e conquista dos dereitos sociais, non menos elementais e necesarios que outros, e se é o caso denunciar e niso estamos. O noso primeiro obxectivo visualizar as comisións desmedidas que se nos cobran como perceptores de rendas mínimas; simplemente porque a Tesouraría da Xunta nolas ingresa como unha transferencia sen detallar debidamente o concepto. O que dá lugar, unha vez máis, a que a riqueza duns poucos se xere e manteña pola pobreza de moitos Por que seguir aceptando vulneracións flagrantes ao sistema coa resignación de de quen se enfronta ao inevitable? Alzamos a voz e facendo uso da nosa cidadanía decidimos escribir trasladando a nosa queixa ao valedor do pobo quen por lóxica debe ser o transmisor do pulso da sociedade e oficiar de nexo coa administración e os poderes públicos.
Creando sinergías presentamos a oficina á Concellería de Servicios Sociales e visitamos a Oficina de Dereitos Sociais de Coia para coñecer a súa experiencia e trasladarlle as nosas expectativas, en definitiva sumar esforzos para multiplicar. Se vivimos sen que a nosa presenza se note que a nosa ausencia se sinta.

Din que se se esperan as condicións ideais nunca se darán polo que decidimos non esperar e seguir camiñando cara a Emaús cumprindo o noso plan de traballo. Nesta primeira fase estamos a elaborar o noso pensamento colectivo, lendo e resumindo material. Xa deseñamos o tríptico da asociación e a actividade en concreto. Creando redes e xestionando para conseguir financiamento, almacén e o téxtil estamos a preparar a charla de presentación e dámonos a coñecer fronte á administración e posibles entidades cooperantes. Leais á idea de aprender dende o facer preparamos a nosa viaxe á a comunidade de Trapeiros en Belzunce Navarra.

Recibimos a Emaús Vigo e intercambiamos puntos de vista en relación á relación entre ambas as dúas asociacións.

Para cumprir co funcionamento normativo da asociación renovamos parcialmente a xunta directiva. Tonho e Miguel serán o tesoureiro e o secretario, confiamos na súa boa xestión e agradecemos a Elvira e Rafa o seu labor.

Ninguén pode volver atrás e facer un novo comezo, pero todos podemos comezar a partir de agora e facer un novo final.




martes, 4 de febrero de 2014

Resumo Actividades Xaneiro



RESUMO DE ACTIVIDADES: XANEIRO
Empezou o ano, non sabemos o que vai pasar ao final e pode que non nos importe en demasía, impórtanos o que esta pasando, impórtanos o tempo que é, a hora de poñerse a andar, impórtanos o que ese tempo que é anuncia, outro tempo é posible, pequenas novas realidades son posibles, outro mundo é posible e espera.

O primeiro tarefa: a asemblea, unha máis, o que indica que seguimos a pesar das dúbidas, a pesar das dificultades, dos nons do sistema e das realidades. A pesar de nós mesmos Boa Vida segue rodando con impulso propio, transfórmase. E se ben tocaba facer balance, non somos un banco: non todo foi debe, haber, saldo, probabilidades; foi encontrarnos, reencontrarnos coa nosa orixe, con asociacións afíns, con amigos e formularnos retos, para seguir andando...
Eliximos empezar a camiñar cara a Emaús, ensaiar, equivocarnos e volver ensaiar, ter a nosa propia visión Trapera. Buscar opcións, armarnos, sabendo que na nosa diversidade esta a riqueza, que empoderarnos non é doado pero temos dereito ao traballo e en construílo estamos, a vellos problemas, novas alternativas. Fronte ao asistencialismo deficiente loitar xunto a outros para transformar a orde social inxusta. Inspíranos saber que se pode...Os aparentemente inútiles co aparentemente inútil facemos cousas útiles, para nós, a sociedade e a natureza.....din os nosos amigos de Emaús e sen cegarnos á nosa aposta é participar activamente do cambio. Pretendemos recoller, recuperar e reciclar o material téxtil que se descarta en Pontevedra; podemos gañar, podemos perder pero non podemos non intentar...
Empezaron a funcionar as Oficinas de Dereitos e Deberes Sociais (Pontevedra-Vilagarcía). Se se nos nega a moitos o dereito á dignidade tamén temos dereito a indignarnos, visualizalo, formarnos, informarnos, compartir experiencias, saberes, estratexias e recursos. Xerar un punto de encontro, temos imaxinación e intelixencia para defender o conseguido e conquistar novos dereitos; espazos abertos onde buscar colectivamente solucións a problemas cotiáns (alimentación, vivenda, papeis, etc), unha alianza dos precarios por saídas posibles. Funcionarán quincenalmente e para presentarnos en sociedade e establecer redes de cooperación con outros colectivos o pasado 28/01 trouxemos á cidade unha charla de ADICAE, sobre servizos bancarios básicos para perceptores de rendas mínimas, para adquirir ferramentas fronte aos abusos do modelo, para formarnos como consumidores responsables e críticos...
Seguimos participando na EAPN. Momento de asemblea, de avaliar como membros o nivel de incidencia política e social da rede. Continuar traballando para visualizar as persoas en situación de risco, de pobreza ou de exclusión, promovendo a análise e a reflexión sen esquecer a participación real... Xestionamos a Exposición Prioridade I, estivo 15 días na EPA en Pontevedra e agora vai tres semanas a Vilagarcía, en colaboración Concello.
Tamén pedimos cita coa Concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra esperamos resposta.

E como non somos intelectuais deses que divorcian a cabeza do corpo formulámonos o traballo crendo nesa fusión difícil, contraditoria e necesaria entre o que pensamos e o que sentimos. Buscamos a sabedoría que combina o cerebro coa experiencia, a que combina o que somos, sen esquecer nada, nin a barriga que roxe, nin o corazón que sofre, nin a cabeza que pensa.. "


ESTAMOS EN MOVEMENTO !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

jueves, 2 de enero de 2014

Ano novo Blog novo

Co novo ano estrenamos novo blog, despois de 2 anos de andadura no vello blog boavidacasaazul.blogspot.com. empezamos o 2014 coa nova imaxe e novo deseño para tentar ser mais transparentes e chegar a un maior número de participantes.