RESUMO
DE ACTIVIDADES: XANEIRO
Empezou o ano,
non sabemos o que vai pasar ao final e pode que non nos importe en demasía,
impórtanos o que esta pasando, impórtanos o tempo que é, a hora de poñerse a
andar, impórtanos o que ese tempo que é anuncia, outro tempo é posible,
pequenas novas realidades son posibles, outro mundo é posible e espera.
O primeiro tarefa: a asemblea, unha máis, o que indica que seguimos a pesar das dúbidas, a pesar das dificultades, dos nons do sistema e das realidades. A pesar de nós mesmos Boa Vida segue rodando con impulso propio, transfórmase. E se ben tocaba facer balance, non somos un banco: non todo foi debe, haber, saldo, probabilidades; foi encontrarnos, reencontrarnos coa nosa orixe, con asociacións afíns, con amigos e formularnos retos, para seguir andando...

Eliximos
empezar a camiñar cara a Emaús,
ensaiar, equivocarnos e volver ensaiar, ter a nosa propia visión Trapera.
Buscar opcións, armarnos, sabendo que na nosa diversidade esta a riqueza, que
empoderarnos non é doado pero temos dereito ao traballo e en construílo
estamos, a vellos problemas, novas alternativas. Fronte ao asistencialismo
deficiente loitar xunto a outros para transformar a orde social inxusta.
Inspíranos saber que se pode...Os
aparentemente inútiles co aparentemente inútil facemos cousas útiles, para nós,
a sociedade e a natureza.....din os nosos amigos de Emaús e sen cegarnos á
nosa aposta é participar activamente do cambio. Pretendemos recoller, recuperar
e reciclar o material téxtil que se descarta en Pontevedra; podemos gañar,
podemos perder pero non podemos non intentar...
Empezaron a
funcionar as Oficinas de Dereitos e
Deberes Sociais (Pontevedra-Vilagarcía). Se se nos nega a moitos o dereito
á dignidade tamén temos dereito a indignarnos, visualizalo, formarnos,
informarnos, compartir experiencias, saberes, estratexias e recursos. Xerar un
punto de encontro, temos imaxinación e intelixencia para defender o conseguido
e conquistar novos dereitos; espazos abertos onde buscar colectivamente
solucións a problemas cotiáns (alimentación, vivenda, papeis, etc), unha
alianza dos precarios por saídas posibles. Funcionarán quincenalmente e para
presentarnos en sociedade e establecer redes de cooperación con outros
colectivos o pasado 28/01 trouxemos á
cidade unha charla de ADICAE, sobre servizos bancarios básicos para
perceptores de rendas mínimas, para adquirir ferramentas fronte aos abusos do
modelo, para formarnos como consumidores responsables e críticos...
Seguimos
participando na EAPN. Momento de
asemblea, de avaliar como membros o nivel de incidencia política e social da
rede. Continuar traballando para visualizar as persoas en situación de risco,
de pobreza ou de exclusión, promovendo a análise e a reflexión sen esquecer a
participación real... Xestionamos a Exposición
Prioridade I, estivo 15 días na EPA en Pontevedra e agora vai tres semanas a Vilagarcía, en colaboración Concello.
Tamén pedimos
cita coa Concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra esperamos
resposta.
E como non somos intelectuais deses que divorcian a cabeza do corpo formulámonos o traballo crendo nesa fusión difícil, contraditoria e necesaria entre o que pensamos e o que sentimos. Buscamos a sabedoría que combina o cerebro coa experiencia, a que combina o que somos, sen esquecer nada, nin a barriga que roxe, nin o corazón que sofre, nin a cabeza que pensa.. "

ESTAMOS EN MOVEMENTO !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario