Mostrando entradas con la etiqueta TVG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TVG. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de octubre de 2016

17 coa EAPN Galicia

O pasado 17 de Outubro realizamos a nosa reivindicacións de cara ao día Internacional de Loita contra a Pobreza pero tamén estivemos presentes, grazas á nosa voluntaria Ruth no acto que a EAPN Galicia realizou ese día xunto coa Valedora do Pobo co lema SOMOS PERSOAS NON EXPEDIENTES!

Na súa páxina tendes información mais detallada sobre este acto pero compre salientar os números do índice AROPE para tomar conciencia de que temos que loitar entre todos para poder avanzar cara unha sociedade máis xusta e inclusiva.


Seguiremos participando nesta loita que nos inclúe a todas as persoas




jueves, 17 de diciembre de 2015

Boa Vida na TVG


Con estas palabras nos describe o periodista que fixo a reportaxe:

"A Asociación Boa Vida iniciouse na solidariedade e precisamente ese é o seu alimento. Este colectivo, nado en Pontevedra, recicla roupa, calzado e xoguetes entre outros artigos e despois véndeos. A iniciativa creada por un grupo de persoas en situación de exclusión social humaniza a nosa sociedade.

É unha casualidade solidaria que a Asociación Boa Vida se instalara na rua da Cruz Vermella en Pontevedra. O que non é accidental é o exito deste colectivo con menos de dous anos de vida. Esta asociación loita contra a pobreza, a exclusión social e traballa para erradicar as desigualdades tan palpables. Fano, a través do traballo e da formación.

No seu local onde traballan dous técnicos, catro bolseiros e unha vintena de voluntrios ofrecen de todo; sobre todo roupa e calzado e nestas datas moitos xoguetes. O funcionamento é sinxelo: recollen o que lles dan e véndeno a prezos asequibles. Xogan coa vantaxe de ser visibles.

Vendendo a mercadoría que conseguen, superan os mil euros de beneficios ao mes pero aínda non son suficientes para sosterse económicamente. Por iso fan un chamamento...

Ah, e tamén ansian mercar unha furgoneta e alugar un local nas aforas da cidade para reciclar os artículos máis voluminosos."

Nesta ligazón podedes ver a reportaxe: 

http://www.crtvg.es/informativos/boa-vida-recicla-roupa-e-vendea-para-loitar-contra-a-exclusion-social-1661909


Estamos moi agradecidos de que se fagan eco dos nosos esforzos e agradecidos tamén a todas aquelas persoas que nos acompañan dun xeito ou doutro neste camiño.