Seguimos traballando con máis ilusión se cabe polos pequenos grandes logros.
Renovamos a tenda eventualmente grazas ao poderío decorativo da nosa querida Jessyca.
Hoxe acabamos coa xustificación da subvención da Xunta (grazas Pepa!) a cal nos permitiu acompañar procesos de inclusión a persoas en situación de pobreza e exclusión, facilitándolles información de calidade e apoio psico-emocional para que poidan seguir loitando pola súa dignidade (grazas especiais a Aurora e Matilde neste traballo).
Con ganas, ilusión e moitos esforzos. Grazas ao equipo humano que
compón Boa Vida e a todo o apoio que nos chega de diversas formas porque
así dámoslle tamén forma ao noso obxectivo-proxecto de empresa de
inserción.
O próximo 7 de abril é o primeiro aniversario da tenda. Estamos moi contentas de poder celebralo, aínda que nos falte unha persoa moi especial que nos deixou hai pouco (Lito) quen gritaba e loitaba con orgullo polo que sentía e cría xusto. Foi todo un apoio nos nosos primeiros pasos. Enchíanos de enerxía ler as súas palabras cheas de orgullo sobre a asociación e o que eramos para el. Querido amigo, alá onde esteas lembrarémosche sempre. Boa vida ata o ceo!
Unha aperta.