Mostrando entradas con la etiqueta curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de junio de 2018

Festa da alegría do Calvario

Grazas Amigos da Terra por organizar... e contar con NÓS.
Fomos por Vigo ao Espazo de comercio xusto e economía solidaria na festa da alegría do Calvario.
Desfile con ropa da tenda.



martes, 27 de marzo de 2018

SELECCIÓN PECHADA! Monitor/a Curso de Cociña Tradicional

Precisamos dun ou dunha monitora para impartir un módulo de 3 días sobre cociña tradicional, se tes coñecementos sobre o tema, se che gusta a cociña e che gusta ensinar, contacta con nós.

jueves, 13 de julio de 2017

OBRADOIRO DE RECICLAXE E HABILIDADES SOCIAIS. MÓDULO V RECICLAXE E RECICLAXE TÉXTIL

Nos meses de xuño e xullo estamos a levar a cabo un obradoiro de reciclaxe e reciclaxe téxtil, iremos engadindo fotos sobre os traballos que están a aprender os nosos compañeiros de paso que compartimos vida e melloramos a nosa forma de estar, pensar e facer.

Agradecidas ao Concello de Pontevedra por facilitar o espazo na Casa Azul

GRAZAS!



Nesta semana aprendemos a reutilizar bricks, latas e envases de plástico e vidro mentras compartimos e desenvolvemos as nosas capacidades, grazas a todas e todos por vir e acompañarnos. 

 E grazas a Rubén o monitor que se adica á recuperación de oficios que nos ensinou a utilizar crin de cabalo e facer pinceis con madeira de árbores autóctonas!








                                Porque os pobres tamén sabemos e queremos traballar!


OBRADOIRO DE RECICLAXE E HABILIADADES SOCIAIS, MÓDULO IV BUSCA ACTIVA DE EMPREGO (BAE)


O pasado 6 de xuño realizamos un obradoiro de técnicas de Busca Activa de Emprego onde os nosos participantes puideron traballar de forma experiencial e adquirir algúns trucos e técnicas para mellorar a súa maneira de facer a busca de emprego. 

Moi satisfeitas coa participación e o interese mostrado
GRAZAS!





lunes, 20 de febrero de 2017

CURSOS 2017

Neste principio de ano temos realizados os seguintes cursos con moi bos resultados e con moito agradecemento aos asistentes e aos monitores.






martes, 6 de septiembre de 2016

Curso de chatarra e reciclaxe téxtil

FE DE ERRATAS. NO CARTEL ONDE PON INCIO O 26 DE OUTUBRO LER 26 DE SETEMBRO. PERDOADE AS MOLESTIAS

Curso de chatarra e reciclaxe téxtil con bolsa de asistencia.

Lembra inscribirte nas nosas oficiñas ou na nosa tenda

Tes até o 23 de setembro.