Mostrando entradas con la etiqueta erradicación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta erradicación. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de octubre de 2016

I XORNADA SOBRE SENFOGARISMO EN COMPOSTELA O 27 DE OUTUBRO

O vindeiro día 27 de outubro de 2016 celébrase a Primeira xornada sobre senfogarismo en Compostela, unha actividade promovida pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade
e Saúde do Concello de Santiago de Compostela.

A nosa directora Pepa Vázquez estará pola mañá falando da nosa experiencia como asociación e pola tarde a nosa presidenta Teresa Patiño falará sobre a súa experiencia persoal.




domingo, 13 de diciembre de 2015

PRESENTACIÓN GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS

COMO MANEXARSE NO LABIRINTO BUROCRÁTICO PARA ESIXIR OS NOSOS DEREITOS.


O mércores 16 de decembro ás 20:00 na Epa de Pontevedra (escola de adultos) na Avda. Bos Aires 22-23 - Pontevedra.
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia - Vigo presentarannos a súa Guía de Axudas Sociais.
Esperámosvos!



Subscribimos a súas palabras e admiramos a súa labor de loita.

Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!
O empobrecemento, o desemprego, a precariedade, as pensións de miseria, a cesta da compra que non para de subir, a vivenda entendida como un ben de consumo, colócannos fronte a serias
dificultades para atender as necesidades máis básicas. Isto fai que moitas persoas nos vexamos en graves problemas para cubrir os mínimos para a vida: alimentación, vivenda, saúde...
Estas situacións estannos obrigando, a moitas de nós, a acudir aos chamados “servizos sociais” na procura de axuda, solución, ou, ás veces, dese milagre que precisamos para satisfacer as nosas necesidades básicas.
A realidade amosa que o que debería de ser un acceso seguro e transparente a un servizo público (como a sanidade ou a educación) convér tese, de feito, nunha “carreira de obstáculos” onde desgraciadamente é preciso ir informada de antemán, coñecer os nosos dereitos, saber o que dicir e o que non se “permite” facer etc.
A continuación deixamos indicacións, consellos, pautas... que consideramos útiles para aquelas persoas que pensan acudir ou xa tiveron contacto co mundo dos servizos sociais.
Para nós esta guía é unha ferramenta máis coa que loitar polo dereito a unha vida digna para todas as persoas.
Coia, decembro 2014.

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Participación de Lotería de Nadal




Xa sabedes da nosa campaña Pobreza 0: obxectivo compartido da que podedes consultar máis detalles neste evento ou na pestana deste mesmo blog con ese mesmo nome
Ademáis para seguir recadando fondos este ano temos participacións de Lotería de Nadal que podes adquirir na nosa Tenda Solidaria na Rúa Cruz Vermella nº16 en Pontevedra.
Anímate e axúdanos, con cada participación donarás 1€ á nosa causa!




domingo, 18 de octubre de 2015

17 Outubro. Día Internacional pola erradicación da pobreza e presentación da campaña POBREZA 0: OBXECTIVO COMPARTIDO

Onte ás 12:30 limos o manifesto contra a pobreza no que pedimos que se garantan ingresos mínimos universais, compromiso e transparencia en todas as actuacións das administracións públicas e dos partidos políticos e o acceso a vivenda universal.









Pedimos o 0.7% dos ingresos anuais dos representantes políticos a todos os niveis da administración e o seu compromiso na loita contra a pobreza.
Nós precisamos 4000€ para unha nova furgoneta e queremos chegar aos 15000€ para poder seguir traballando e mantendo os nosos proxectos, para istó pedimos tamén a colaboración cidadá.
Este primeiro convite xa tivo resultados, con contestación favorable a estas propostas de Ciudadanos, mentras que o PSOE e a Marea Pontevedra recibiranos en entrevistas para valorar a proposta.
O PP e Podemos desculpan a súa ausencia mentras que o BNG non contestou ao escrito, polo que se lle volverá a enviar a carta e solcitar a correspondente entrevista.









Grazas a todos os asistentes, á asociación 4Ponlas, aos voluntarios e particpantes de Boa Vida polo apoio prestado!

viernes, 16 de octubre de 2015

Manifesto da Asociación Boa Vida. Mañán 17 de Outubro ás 12:30 na Rúa Siera



A Asociación Boa Vida como membro da EAPN quere sumarse no 17 do outubro, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, á súa proposta de achegar ás forzas políticas da nosa cidade, do noso Parlamento  e á sociedade en xeral as nosas voces e conclusións froito da implicación nas diferentes xuntanzas de participación tanto a nivel galego como estatal e Europeo.

Porque a nós non nos exclúe ninguén e a participación social e política funciona e así debe seguir sendo. Falamos dos nosos deberes como cidadáns e demandamos os nosos dereitos a través da nosa actividade diaria e nos Encontros de Participación e Cidadanía inclusiva aos que asistimos.
Baixo o lema da campaña  “Concellos ao servizo das persoas”da EAPN, as forzas políticas candidatas ás eleccións municipais coñeceron  datos obxectivos sobre a  pobreza nos diferentes concellos galegos, así como a indigna “lotería social” dos baixos recursos destinados a combatela en moitos deles, sendo a nosa unha das cidades cos índices de pobreza máis altos de Galicia aínda que os nosos representantes no goberno local non parezan tomar consciencia e medidas visibles para loitar contra ela.
Daquela, como agora esiximos Compromiso (en orzamentos e planificación estable), Coordinación entre as administracións públicas e as organizacións sociais e unha loita contra as causas da pobreza e pola inclusión activa, moi lonxe do asistencialismo.
“Somos persoas, non zombis” resumía unha persoa xa con fogar contándonos como comezou a deixar de vivir na rúa.
Ter información veraz, debates mais próximos, eliminar privilexios e potenciar dereitos dando, deste xeito, máis voz ao pobo. Facer que as administracións estean de verdade ao servizo das persoas, nestes tempos onde a precariedade laboral, falla de recursos, recortes nos servizos sociais básicos e carencia de vivendas dignas, seguen sendo problemas da vida cotiá de moitas persoas, no só en Galicia senón tamén en toda España e no mundo.



Non estamos sos, descubrimos os “consello de cidadáns” en Portugal como un claro exemplo de participación das persoas en risco de pobreza e exclusión na vida social, política e económica.
Somos cidadanía activa e como tal, reclamamos e defendemos os nosos dereitos, reivindicamos o noso espazo e propoñemos medidas que cremos farán posible una sociedade máis xusta para todos e todas.
o   Garantir unha renda mínima (en Galicia a RISGA) para quen a precise. Evitando a burocratización e os elevados retrasos na súa xestión local e autonómica.
o   Transparencia nas actuacións das administracións públicas a nivel local, autonómico e estatal.
o   Compromiso a hora de facer fronte aos déficits actuais en materia de sanidade, educación : bolsas do comedor, material escolar, medicamentos, etc.
o   Vontade  e compromiso en materia de emprego, priorizando as persoas en risco de pobreza e exclusión social.
o   Loita activa e real contra o fraude fiscal e a corrupción. Esixindo responsabilidades inmediatas e non queden impunes os corruptos.
o   Facer que sexan compatibles as axudas e prestacións coa formación (con axuda de bolsa) e o emprego.
o   Garantir como dereito activo o acceso a unha vivenda digna, xerando fondos de vivendas no alugueiro e garantir teito digno ás persoas que sufriron desaloxos.
As palabras e as boas intencións xa non abondan. Propomos unha acción aos partidos políticos e á cidadanía que podedes recoller na mesa de Boa Vida.
Cunha pobreza e desigualdade cada vez más extremas e crónicas, son necesarias accións concretas que muden dunha vez a realidade.
Somos positivos e seguiremos a loitar polo que queremos:
Unha sociedade xusta e libre da pobreza e a exclusión.

Pontevedra,  17 de outubro de 2015