Outro xeito de confección e consumo son posibles
“Tira do fío” é a lema do Día Mundial do Comercio Xusto que se celebrará o vindeiro sábado 9 de maio en AMARANTE SETEM en Pontevedra. A xornada destacará as inxustizas que esconde a elaboración de artigos téxtiles, un sector moi potente economicamente -só en España cada persoa gasta ao ano 437 euros en roupa- e que exemplifica de xeito claro as consecuencias negativas da globalización e no que se producen numerosas violacións de Dereitos Humanos.
En Pontevedra, a celebración consistirá en visibilizar as inxustizas do téxtil e amosar que existen alternativas a un modelo tan explotador como insustentable. Para iso desde o 9 de maio -día da inauguración- e durante unha semana contaremos na tenda de AMARANTE unha mostra de roupa feita con criterios de comercio xusto, ecolóxico, local, reutilización e economía social.
Onde as persoas que compren roupa gozarán de estupendos descontos promocionais.
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), só entre os anos 2010 e 2011, tiráronse 745 toneladas de roupa e residuos téxtiles en Galicia.
ACTIVIDADES:
Maio do 9 ao 16 na tenda de AMARANTE (r/San Román, 09): contaremos coas seguintes iniciativas:
Feita en organizacións de comercio xusto da India e de Nepal: vestidos de algodón ecolóxico, camisas e pantalóns de algodón e seda
Feita en Galicia:
- Rodopio de Santiago: roupa con fibras naturais e residuos téxtiles de forma artesanal para nenos/as de 0 a 7 anos
- A Cestola na Cachola de Lalin: cooperativa que deseña e fai camisetas con algodón ecolóxicas
- O Tatán de Ourense: deseños de roupa para muller todo en ecolóxico e/ou reutilizados
- Boa Vida de Pontevedra: asociación de inserción de persoas en risco de exclusión con roupa de segunda man.
Tamén proxectaremos vídeos documentais sobre organizacións do Sur que elaborasen a roupa que estará exposta durante toda a semana
En xuño contaremos cunha 2º actividade: a mediados de xuño traballadoras de Marrocos estarán en Galicia para visibilizar e denunciar as condicións de millóns de mulleres que traballan en condicións de explotación no sector téxtil, e contarán a situación en Marrocos sobre a ausencia de dereitos sindicais e laborais e a súa demanda sobre salarios dignos.
¡Agardámoste!