Mostrando entradas con la etiqueta loita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta loita. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de agosto de 2017

jueves, 15 de junio de 2017

Nós tamén estivemos Participando contra prexuízos e #MentirasPobreza

No VIII Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva case 100 persoas en risco de pobreza ou exclusión denuncian os prexuízos e estereotipos que padecen todos os días e reclaman a liberdade de poder ser diferentes, con iguais dereitos.
Baixo o lema “Participando contra prexuízos e mentiras!” EAPN-Galicia celebrou o pasado 23 de maio a oitava edición do Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva,




Como todos os anos, este seminario supón unha oportunidade para cuestionar situacións da vida cotiá que impiden a plena inclusión das persoas, perpetúan situacións inxustas, alimentan estereotipos negativos e accións prexuiciosas. O fin último é un maior empoderamento e un nivel óptimo de participación real e efectiva das persoas na sociedade na que viven, defendendo e loitando polos dereitos fundamentais.

A esta xornada, coa que comezou a campaña #MentirasPobreza (unha etiqueta que tivo gran éxito en redes sociais durante gran parte do día), acudiron preto de 100 participantes (en situación ou risco de pobreza ou exclusión) das entidades membro da rede, buscando reflexionar sobre as barreiras que impiden a inclusión efectiva das persoas en risco de pobreza e/ou exclusión e reclamando os seus dereitos e dignidade.
Na primeira parte da xornada e nos 10 obradoiros locais previos, tratouse de identificar e dar visibilidade as mentiras, estereotipos e prexuízos que afectan ás persoas, coñecer por qué son mentira e reflexionar sobre o impacto que teñen na nosa vida persoal e relacional. Con todas elas construíuse entre todas este Muro das Mentiras.
A segunda parte da xornada dedicouse a dar resposta á pregunta Como lle facemos fronte as mentiras e qué propostas teño? Con todas elas construíuse este Muro da Inclusión.


Con todos os aportes recadados completarase un documento que servirá de base para a campaña informativa a través das redes sociais coa que se pretende dar visibilidade e romper a espiral de mentiras sobre persoas e colectivos en risco de exclusión.
Este documento, que continúa o camiño comezado en EAPN Andalucía coa súa iniciativaEstereotipos Invisibles, reunirá os prexuízos identificados, a argumentación que demostra obxectivamente a súa falsidade e as propostas para derrubalos.
http://eapn-galicia.com/participando-contra-prexuizos-e-mentiraspobreza/


lunes, 20 de febrero de 2017

ASAMBLEA XERAL 2017

A asociación Boa Vida triplicou no 2016 a súa inversión en bolsas de traballo e contratacións
-O gasto en persoal incrementouse ata os 21.045 euros no último ano pola consolidación da tenda solidaria
-A Oficina de Dereitos e Deberes Sociais atendeu a máis de 200 persoas aportando información e formación laboral




A asociación solidaria pontevedresa Boa Vida Inclusión Activa celebrou esta mañá a súa asablea anual na que fixo balance dun ano 2016 no que destacou a consolidación de actividades como a oficina de dereitos e debers sociais (ODDS) ou a tenda solidaria. A boa marcha destas labores permitiu triplicar no último ano a súa aportación en bolsas de traballo e contratacións, ao incrimentarse dos 7.309 euros de 2015 aos 21.045 en 2016.
Na asablea destacouse tanto a consolidación da actividade de Boa Vida como a do grupo humano que a compón. Formado por 41 socios, o 2016 foi un ano de crecemento en relación con outras asociacións e administracións e que se reflictiu no incremento de actividades solidarias realizadas en Pontevedra e en Vilaboa ou Poio e Cambados, así como dentro da Rede Galega Contra a Pobreza EAPN-Galicia.
Dende Boa Vida reivindican medidas para facilitar traballo e cláusulas sociais nos contratos da administración pública e ofrece unha atención digna ás persoas en situación de porbeza e exclusión social. Como ferramentas, o colectivo proporciona espazos de formación, pero tamén de capacitación laboral como son os traballos de recollidas e a tenda solidaria, cuxos ingresos permitiron o importante incremento no gasto en persoal no 2016, traducíndose na creación de 9 bolsas de formación e a creación de dous contratos temporais a dúas persoas en situación de exclusión.
Os traballos de recollidas e a tenda solidaria foron levadas a cabo por máis de 20 persoas no 2016, entre persoal voluntario, contratado e bolseiro no número 16 da rúa Cruz Vermella de Pontevedra. Dende Boa Vida destacaban o incremento no 16% na recollida de donacións con respecto ao 2015, grazas as recollidas en domicilios como na tenda e outros puntos colaboradores do colectivo como Centro Leste, Café Moderno, Concello de Vilaboa ou Geriatros Vigo, Fusión Fitness en Xinzo de Limia, ou a Universidade de Vigo.

Máis de 200 persoas atendidas
No 2016 a asociación Boa Vida puxo en marcha de forma estable a actividade da Oficina de Dereitos e Deberes Sociais na rúa Marquesa. Nace co propósito de facilitar a persoas con menos recursos información e formación sobre a insercción na vivenda e o emprego, a saúde, economía doméstica, gasto enerxético e asesoramento sobre axudas sociais.
A actividade central da oficina son os Itinerarios de inserción, que este ano foron en total 25 dentro do proxecto "Itínere", en convenio coa Xunta de Galicia. Ademáis hai que sumar os diferentes cursos de formación celebrados en Pontevedra. No 2016 a Oficina de Dereitos e Deberes Sociais atendeu a 200 persoas con informacións puntuais e orientacións persoais laborais e formativas, así como os 25 participantes da V Escola de Verán, que este ano se dedicou a Guía de Axudas Sociais publicada coa axuda do Concello de Pontevedra e na que participaron os colexios oficiais de Taballo Social e Educación Social.
Tamén destacou a participación de membros da Oficina de Dereitos e Deberes Sociais de Boa Vida impartindo diversas conferencias en Monteporreiro ou Santiago de Compostela, así como diferentes actividades de ámbito reivindicativo como as Marchas da Dignidade, a campaña do día internacional contra a pobreza e nos grupos de traballo da EAPN-Galicia.
Na asamblea, os membros de Boa Vida renovaban o seu compromiso coas persoas en situación de probreza e exclusión coa que naceu a asociación. Así, presentaba o seu plan de traballo para este ano. Entre as iniciativas destacan o inicio da colaboración coa Universidade de Vigo, seguir ampliando a relación con asociacións e concellos da contorna, comunidades de vecinos e centros educativos.
Tamén ten o obxectivo de rexistrar a Boa Vida Trapera como empresa de inserción, así como progresar na súa consolidación, así como na da tenda solidaria. Ademáis, estase a deseñar un proxecto para aumentar a formación das persoas que acuden á Oficina de Dereitos e Deberes Sociais complementaria co proxecto "Itínere".

miércoles, 8 de febrero de 2017

A CHATARRA E MOI DIGNA

Como sabedes a base do noso traballo é recoller aquelo que uns non necesitan para outros que si poidan necesitar.

Neste sentido igual que a roupa, o papel, o cartón, os zapatos, os libros e outros obxectos que nós recollemos para darlles unha segunda vida tamén a recollida da chatarra é dignidade.

"Entre o lixo pode haber dignidade" dixo unha das nosas compañeiras, activistas e voluntarias.

Deixámosvos este video que ilustra perfectamente esta reflexión.

http://www.lavozdegalicia.es/video/galicia/2016/02/01/chatarra-digna/0031_2016024732305535001.htm



Grazas polo apoio que nos mostrades cada día!