Como ben sabedes moitos dos que nos seguides, levamos realizando Itinerarios Personalizados de Inserción, enmarcados no proxecto da Oficina de Dereitos e Deberes Sociais, dende o ano 2014.
Este ano a Xunta de Galicia fináncianos de novo estas actuacións que son desenvolvidas no denominado Proxecto Itinere que pasamos a explicar brevemente:
O Proxecto Itinere é un programa especial de formación e
emprego enmarcado no Programa
Operativo
do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación” e desenvolvido pola Asociación Boa Vida.
OBXECTIVOS DO PROGRAMA:
- Fomentar a Inclusión Social mediante o
acompañamento no proceso de formación e capacitación das persoas participantes.
- Posibilitar o acceso ao mundo laboral.
- Dotar de habilidades sociais e
potenciar as capacidaes individuais de cara a busca de emprego, a mellora
persoal e a inclusión social.
Realizaranse
Itinerarios Individualizados de Inserción segundo o Plan Galego
de Inclusión Social no que se fixarán unha serie de obxectivos axeitados
a
cada participante.
Levaranse
a cabo actuacións formativas, capacitadoras e de acompañamento tanto
individuais como de grupo para acadar ditos obxectivos.
Sen
olvidar o carácter integrador de ditas actuacións que se farán baixo unha
filosofia de TRABALLO EN REDE
CONTACTO:
Para
participar no programa solicita a túa cita telefónicamente, a través de correo
electrónico ou persoalmente en:
R/Cruz Vermella 16
Pontevedra
886 160 350 e 691 201 517