Durante este curso retomamos un proxecto que foi parte dos nosos inicios, o Grupo de Participación, como resposta á demanda dalgunhas persoas do grupo que votaban de menos este espazo de compartir inquedanzas, de autoformación e de defensa dos nosos dereitos e colectivos así como dar resposta á necesidade de relación e tratar de facer ruptura da pobreza relacional que tanto dano nos está a facer nos nosos días.
Así rexurde o grupo co nome de PARTICIP-ANDO.
Nas primeiras sesións comezamos a configurar como ía ser esta parcipación dende a base, tamén como lugar no que nos preparamos para incluirnos nas actividades da EAPN Galicia, e nestas derradeiras sesións comezamos un traballo máis estruturado.
Axuda na guía do grupo o noso compañeiro Miguel Luque que sabe moito e viveu moito.
É un grupo aberto, calquera que queira pode participar, reunímonos os segundos e cuartos xoves de cada mes no Centro Sociocomunitario de Pontevedra (na Alameda) de 11 a 13.
Nas sesións pasadas decidimos, entre todos, ir creando unha serie de publicacións de denuncia social baixo o pseudónimo de "Los Cañaíllas" en honra da publicación que neste mesmo sentido faciamos cando publicabamos o noso boletín que por cuestións técnicas e organizativas tivemos que deixar de facer.
Queremos compartir con vós a nosa primeira publicación da serie: SOBRE A PERMISIVIDADE DOS PODERES PÚBLICOS E CÓMO NOS ROUBAN.
Atentos ao seguinte post!
No hay comentarios:
Publicar un comentario