OBRADOIROS SOLIDARIOS A Asociación Boa
Vida,
organiza dous obradoiros solidarios nos
próximos días
Dando
continuidade á liña de traballo de formación e información que a asociación ten
en marcha na nosa cidade ofrece neste caso un
OBRADOIRO
introductorio DE COSTURA,
PERSONALIZACIÓN DE COMPLEMENTOS E ROUPA, levarase a cabo na rúa Cruz Vermella nº16 o
vindeiro xoves 20 de novembro, de Horario: 16:30 a
18.30.
O obxectivo deste obradoiro é adquirir novas capacidades e competencias no ámbito do ámbito do tratamento do textil e
aprender novas formas de reutilización e reciclaxe.
“Este
programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do
Programa Operativo FEDER/FSE de Galicia 20072013, Eixe 2 e tema prioritario 70
71, cunha taxa de cofinanciamento do 80%”.
O outro obradoiro será sobre NOVAS TECNOLOXÍAS E WHATSAPP, o
obxectivo deste obradoiro é fomentar
o uso responsable das novas tecnoloxías, desenvolver habilidades para o manexo
da aplicaicón Whatsapp”,Telegram, Line e Viber, rendabilizar o servizo de internet
no telefono e promover as relacións sociais entre os participantes. Serán dúas
sesións de unha hora cada unha os
mércores 19 e 26 de novembro de 11 a 12
horas. No local de usos múltiples que a asociación ten na rúa Santiña num 55.
“Este
programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do
Programa Operativo FEDER/FSE de Galicia 20072013, Eixe 2 e tema prioritario 70
71, cunha taxa de cofinanciamento do 80%”.
Coma sempre os obradoiros da Asociación Boa Vida, son
gratuitos e están abertos a toda a cidadanía pontevedresa, no caso de que
as persoas participantes teñan ingresos superiores a 450 euros, achegaran unha
cota simbólica á asociación.
O numero máximo de prazas é de 10 por orde de
inscrición, que se pechará o día antes do inicio dos obradoiros.
Para inscribirse pódese pasar polas instalacións
da asociación na rúa cruz vermella en horario de mañá (10 a 12 h) ou chamando
por telefono 886 160950 – 691 201 517 ou por mail no correo
habitual ou no novo correo da oficinadereitosociaisboavida@gmail.com.
Estes dous obradoiros
evidencian a necesidade de exercicio de dous dereitos fundamentais o primeiro
a vivir nun medioambiente saúdable coidando do mesmo e ao vestido digno
coidando da nosa saúde, coa reutilización e reciclaxe abordamos estes dous
dereitos e deberes.
O segundo á información
e comunicación, e a facer un uso responsable dos nosos recursos, como é sabido
o dereito á información é o mais vulnerado na nosa sociedade especialmente para
as persoas en situación de pobreza e exclusión.
Estas actividades estan
cofinanciadas pola Dirección Xeral de Familia e Inclusión a través do Fondo
Social Europeo.
Mais información para medios de
comunicación
Pepa Vázquez. Coordinadora das
actividades
680 130 933
No hay comentarios:
Publicar un comentario