Nome:
Asociación Boa Vida Inclusión Activa.
Quen son?
Un grupo de persoas con problemas de todo tipo, en situación de vulnerabilidade
social, e os técnicos que as acompañan.
Onde están?
En Pontevedra, pero para non ter perda o mellor é buscalos en boavidainclusionactiva.blogspot.com ou chamar ao 886 160950
Que fan?Traballan
para diminuír as desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a
oportunidades, a través da formación e o traballo en equipo
A asociación nace
como froito do traballo social realizado no Equipo Municipal de Inclusión
Social do Concello de Pontevedra (pechado hai 3 anos) detectada a necesidade de
ter apoio moral dun grupo de persoas en situación de pobreza e exclusión
social, que non ía volver ao mercado laboral “tradicional”, que xa pasara por procesos formativos, e que
decide compartir e crear saberes novos, comezouse a traballar elaborando unha
lista de temas que cada persoa expoñía, e así xerouse a dinámica de encontro.
Dende abril do
2014 é entidade prestadora de servizos sociais.
Algunhas das
claves foron a toma de conciencia, de sermos conscientes de que as causas da
situación de pobreza non son culpa nosa. De non sabernos soas, e sentírmonos
acompañadas.
A base do traballo é a formación-acción
participativa, con dúas áreas principais:
A
oficina de Dereitos e Deberes Sociais, no que se encadra a información,
formación e a realización de itinerarios de inclusión social e laboral (no ano
2014 financiados pola Consellería de Traballo e Benestar a través do Fondo
Social Europeo). Asemade conseguiuse unha cesión durante 2 anos de catro
vivendas, nunha delas residen duas persoas en comunidade ao tempo que se deseña
o modelo de apoio a persoas sen vivenda ou con vivendas precarias, noutra
instalaronse as oficinas e unha aula de usos múltiples pensada para actividades
de día e as outras dúas están en proceso de rehabilitación e xa se iniciou
actividade avicola, que conecta coa participación nun proxecto de microhortas
que iniciou Caritas na cidade.
O
Proxecto Boa Vida Trapera dedicase á recollida e recuperación de roupa e
calzado, co fin de xerar ingresos, atopase na primeira fase de investigación
participativa na que se fai o proxecto de viabilidade ao tempo que se realiza a
actividade a modo de práctica. Esta actividade está apoiada por Traperos de
Emaús de Navarra.
Forman
parte da EAPN (Rede galega de loita contra a pobreza) e puideron iniciar esta
andadura grazas ao compromiso das persoas en situación de pobreza, ao traballo
deseinteresado dos técnicos e nos últimos meses a sete persoas que prestaron
8000 euros para poder iniciar as actividades que financia a Consellería de
Traballo e Benestar e que ingressou a mitade ao xustificar o inicio das
actuacións e a outra mitade no 2015.
Dado
o primeiro paso queda camiñar e asentar un proxecto que como pode verse precisa
da colaboración desta profesión tanto a nivel técnico como económico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario