¿Que é?
A Oficina de Dereitos e Deberes Sociais (ODDS, en diante) é un proxecto de reivindicacións de carácter socio-económicas polo que se pretende dar a información máis axeitada para guiar ao cidadán co obxectivo de que teña coñecemento dos cauces legais para unha mellor xestión dos deus Dereitos e Deberes ante as Administracións e Organismos.
¿Que persegue?
Ante a actual situación de crise socio-económica e laboral esta ODDS pretende dar información veráz e fidedigna ao cidadán que se atope sobre todo en situación de Risco de Pobreza e Exlcusión Social.
¿Quen pode recurrir a ela?
Todo cidadán sen distinción de sexo, raza ou relixión que precise un mellor asesoramento para as súas xestións ante a Administración ou Organismos
Exemplos de Dereitos e Deberes Sociais:
- Campaña de Información sobre o abuso das entidades bancarias no cobre de Comisións de manteñemento ás PNCs (Pensións Non Contributivas), Pagas de Xubilados e ás percepcións mensuais que pola súa cantía sexan consideradas coma non contributivas.
- Campaña para a gratuidade de Citas Previas tanto na Seguridade Social coma no INEM. Dende Boa Vida consideramos que coa privatización destes organismos a Administración Pública dase permisividade nalgúns casos a Entidades Privadas que se lucran coa Xestión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario