A nosa próxima formación!
jueves, 27 de septiembre de 2018
miércoles, 26 de septiembre de 2018
NOTA DE PRENSA
A LOITA CONTRA A POBREZA MARATÓN DE 4 SEMANAS
A asociación Boa Vida achega á cidadanía pontevedresa a
parte humana das politicas sociais.
Como cada ano ao achegarse o 17 de outubro, a asociación Boa
Vida sae á rúa para recordar que a pobreza está presente na vida dos nosos
veciños, e no planeta, e polo tanto tamén nas nosas vidas.
Esta asociación Galega, súmase ao lema estatal da
coordenadora ONG'D
RACHA COA DESIGUALDADE, SE NOS MOVEMOS CAMBIAMOS TODO.
Para levar a diante este lema empezan este vernes día 28 ás
20 horas na Casa das Campás, cunha charla coloquio a cargo do Director de
Traperos de Emaús Navarra, José María García, que versará precisamente sobre a
importancia de participar sendo voluntarios, e como está evolucionando a militancia
nos século XXI, partindo de que as vellas praxes xa non activan a cidadanía
mais nova e de que despois do 15 M, a mobilización social xa solo se produce
por razóns particulares por colectivos e non se da un movemento que poda
canalizar reivindicacións globais, por exemplo pode observarse unha forza
importante nos grupos feministas ou de pensionistas, pero dificilmente se
conectan entre eles, o mesmo sucede coas reivindicacións das persoas
empobrecidas que seguen sen ter unha voz clara na sociedade.
A semana seguinte, teñen preparada para o venres día 5 unha
acción de rúa colectiva, na que participaran outros colectivos entre eles o
Circulo do Silencio, de apoio as persoas refuxiadas.
A terceira semana dedicarana a analizar as rendas mínimas,
cunha mesa redonda, na que ainda están por concretar os relatores e o lugar, na
mesma valorarase a evolución das pensións non contributivas, e as rendas
sociais, tamén as municipais de recente posta en marcha en Galicia.
E para pechar, o propio 17 de outubro, ás 20 horas no Teatro
Principal, realizarán unha mesa redonda baixo o TITULO “NIN CULPABLES NIN
SALVADORES “ na mesma analizaranse os logros e retos da loita contra a pobreza
a nivel autonomico, provincial e municipal, e rematarase coa proxección da
curta MARXES, con este encontro pretende alonxarse dos discursos que levan a
dividir, os actores da acción social, culpabilizando ás administracións
públcias da inoperancia e situando as ONG's, como as que si poden rachar coa
pobreza.
Mais información:
Pepa Vázquez
Coordinadora da campaña. 674 137 604.
Para entrevistas ao director de traperos de Emaús. 676 957
634
lunes, 24 de septiembre de 2018
¡Bos días a todos! Co motivo da celebración do día internacional contra a pobreza celebramos unha charla-coloquio con entrada de balde este venres 28 de setembro.
Sodes benvid@s.
Sodes benvid@s.
jueves, 6 de septiembre de 2018
Volves á escola reciclando?
A ASOCIACIÓN BOA VIDA
TAMÉN VOLVE AO COLE
CON SUPER OFERTAS
A asociación Boa Vida
coñece da dificultade de volver ao colexio, tanto en material
escolar como roupa e outros complementos como escritorios e cadeiras,
por iso oferta de forma especial este productos a prezos de super
oferta.
Durante o mes de setembro
a cidadanía contará con roupa ate os 16 anos a 0,50 centimos,
e material escolar a prezos populares, como 5 boligrafos por un euro,
ou lotes de outros materiais como cadernos, rotuladores ou mesmo
escritorios e cadeiras para estudar.
Os clientes que merquen
este material participaran nun sorteo dun lote de material e roupa
e calzado da talla que precise a familia, que se fará público o
28 de setembro. E recibirán un puzle de regalo.
Asemade fai un chamamento
ás familias que teñen
materiais que non usen nos seus domicilios para que o acheguen á
tenda, ao puntos de recollida do Café Moderno ou que
nos chamen, de forma que o circuito da reciclaxe e da solidariedade
sexa áxil e directo.
Esperámolos na Rúa Santa
Clara número 35
jueves, 30 de agosto de 2018
Resultado VII Escola de Verán Participación e benestar
As
palabras non poden recoller todo o que compartimos e creamos nestas
dúas xornadas de encontro solo AGRADECEMENTO E TRABALLO CON ORGULLO.
Das
achegas dos compañeiros,
Que
recibimos: dignidade, xustiza, solidariedade, humildade, diñeiro,
traballo, coñecer xente, abrir a mente, voltear escala de valores,
sentimonos acompañados na loita na rabia na lentitude dos cambios,
saber que somos moitos os que quedamos abaixo, deixo de ser "ninguén"
paso a ser "alguén".
Que
damos: esforzo, o que temos, o que sabemos, o que podemos, ideas,
tempo, cartos
Que
retos. Aprender, xestionar os cartos de forma ética e sostible como
ate agora, seguir escoitando e facendo críticas de forma que mellore
a miña vida e a do grupo.
martes, 21 de agosto de 2018
Charlas PARTICIPACIÓN E BENESTAR
Por sétimo ano consecutivo sentámonos para empezar o inverno coa forza precisa, e seguir achegando o noso gran de area na construcción dun mundo mais xusto.
Esta vez dedicaremonos a reflexionar e formarnos sobre os beneficios e os retos de participar nos movementos sociais.
VII
Escola de Verán, como xa ven sendo tradicional nestas xornadas,
dedicadas a formación en temáticas das asociacións, trataremos
este ano a PARTICIPACIÓN, que damos e que recibimos cando somos
voluntarios nas asociacións.
O
día 28 de agosto de 10 a 13 horas, estaremos na Casa das
Campás, ofrecemos unha mesa redonda sobre a participación coa
participación de Teresa Patiño, Javier Pérez e Toño Ramírez,
sobre a súa experiencia en diferentes organizacións, posteriormente
Sara Chuerques presentará a curta MARXES, que foi proxectado no
Festival de Cans, e que trata sobre a pobreza, no mesmo escoitaranse
testemuñas de persoas da cidade ao respeito.
O
día 29
de agosto de 10 a 13 horas,
estaremos na R/Alvaro
Cunqueiro 2,
na mesma liña de participación ofrecemos unha analise da
participación en Boa Vida, con experiencias e dinámicas que lle
permitirán ao publico asistente reflexionar sobre os beneficios e
retos que supón hoxe en día ser voluntario e activista nos
movemento sociais, remataremos a xornada cunha presentación dos
beneficios da respiración para ter unha vida mais plena e feliz, a
cargo do psicologo Enrique Rual.
martes, 31 de julio de 2018
Da cabeza ao corazón pasando pola carteira
Dúas veces ao ano agradecemos tanto os ingresos economicos como o compromiso de militancia e de doazons de obxectos.
Contamos con 18 persoas que teñen domiciliado un donativo no banco.
En total obtemos 1080 euros por estas domiciliacións este mes de xullo.
Temos tamén 6 persoas mais que fan ingresos pola súa conta, con importes moi diferentes, dende os 1000 euros que achega a persoa que máis nos doa ate os 5, que ingresa a que menos.
En todo caso, 24 persoas que nos apoian económicamente, iso fainos sentir orgullosos do noso traballo e agradecemos a confianza que isto supón.
Algunhas delas tamén dan o seu tempo e enerxía, en total 30 persoas, xunto coas 1012, que nos traen os seus obxectos,fan posible que camiñemos xuntas cara un futuro mellor.
GRAZAS!!! e a sumar ... ¿quen mais?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



