Por sétimo ano consecutivo sentámonos para empezar o inverno coa forza precisa, e seguir achegando o noso gran de area na construcción dun mundo mais xusto.
Esta vez dedicaremonos a reflexionar e formarnos sobre os beneficios e os retos de participar nos movementos sociais.
VII
Escola de Verán, como xa ven sendo tradicional nestas xornadas,
dedicadas a formación en temáticas das asociacións, trataremos
este ano a PARTICIPACIÓN, que damos e que recibimos cando somos
voluntarios nas asociacións.
O
día 28 de agosto de 10 a 13 horas, estaremos na Casa das
Campás, ofrecemos unha mesa redonda sobre a participación coa
participación de Teresa Patiño, Javier Pérez e Toño Ramírez,
sobre a súa experiencia en diferentes organizacións, posteriormente
Sara Chuerques presentará a curta MARXES, que foi proxectado no
Festival de Cans, e que trata sobre a pobreza, no mesmo escoitaranse
testemuñas de persoas da cidade ao respeito.
O
día 29
de agosto de 10 a 13 horas,
estaremos na R/Alvaro
Cunqueiro 2,
na mesma liña de participación ofrecemos unha analise da
participación en Boa Vida, con experiencias e dinámicas que lle
permitirán ao publico asistente reflexionar sobre os beneficios e
retos que supón hoxe en día ser voluntario e activista nos
movemento sociais, remataremos a xornada cunha presentación dos
beneficios da respiración para ter unha vida mais plena e feliz, a
cargo do psicologo Enrique Rual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario