miércoles, 26 de septiembre de 2018


NOTA DE PRENSA
A LOITA CONTRA A POBREZA MARATÓN DE 4 SEMANAS
A asociación Boa Vida achega á cidadanía pontevedresa a parte humana das politicas sociais.
Como cada ano ao achegarse o 17 de outubro, a asociación Boa Vida sae á rúa para recordar que a pobreza está presente na vida dos nosos veciños, e no planeta, e polo tanto tamén nas nosas vidas.
Esta asociación Galega, súmase ao lema estatal da coordenadora ONG'D
RACHA COA DESIGUALDADE, SE NOS MOVEMOS CAMBIAMOS TODO.

Para levar a diante este lema empezan este vernes día 28 ás 20 horas na Casa das Campás, cunha charla coloquio a cargo do Director de Traperos de Emaús Navarra, José María García, que versará precisamente sobre a importancia de participar sendo voluntarios, e como está evolucionando a militancia nos século XXI, partindo de que as vellas praxes xa non activan a cidadanía mais nova e de que despois do 15 M, a mobilización social xa solo se produce por razóns particulares por colectivos e non se da un movemento que poda canalizar reivindicacións globais, por exemplo pode observarse unha forza importante nos grupos feministas ou de pensionistas, pero dificilmente se conectan entre eles, o mesmo sucede coas reivindicacións das persoas empobrecidas que seguen sen ter unha voz clara na sociedade.
A semana seguinte, teñen preparada para o venres día 5 unha acción de rúa colectiva, na que participaran outros colectivos entre eles o Circulo do Silencio, de apoio as persoas refuxiadas.
A terceira semana dedicarana a analizar as rendas mínimas, cunha mesa redonda, na que ainda están por concretar os relatores e o lugar, na mesma valorarase a evolución das pensións non contributivas, e as rendas sociais, tamén as municipais de recente posta en marcha en Galicia.
E para pechar, o propio 17 de outubro, ás 20 horas no Teatro Principal, realizarán unha mesa redonda baixo o TITULO “NIN CULPABLES NIN SALVADORES “ na mesma analizaranse os logros e retos da loita contra a pobreza a nivel autonomico, provincial e municipal, e rematarase coa proxección da curta MARXES, con este encontro pretende alonxarse dos discursos que levan a dividir, os actores da acción social, culpabilizando ás administracións públcias da inoperancia e situando as ONG's, como as que si poden rachar coa pobreza.
Mais información:
Pepa Vázquez
Coordinadora da campaña. 674 137 604.
Para entrevistas ao director de traperos de Emaús. 676 957 634

lunes, 24 de septiembre de 2018

¡Bos días a todos! Co motivo da celebración do día internacional contra a pobreza celebramos unha charla-coloquio con entrada de balde este venres 28 de setembro.
Sodes benvid@s.

jueves, 6 de septiembre de 2018

Volves á escola reciclando?



A ASOCIACIÓN BOA VIDA TAMÉN VOLVE AO COLE
CON SUPER OFERTAS

A asociación Boa Vida coñece da dificultade de volver ao colexio, tanto en material escolar como roupa e outros complementos como escritorios e cadeiras, por iso oferta de forma especial este productos a prezos de super oferta.
Durante o mes de setembro a cidadanía contará con roupa ate os 16 anos a 0,50 centimos, e material escolar a prezos populares, como 5 boligrafos por un euro, ou lotes de outros materiais como cadernos, rotuladores ou mesmo escritorios e cadeiras para estudar.
Os clientes que merquen este material participaran nun sorteo dun lote de material e roupa e calzado da talla que precise a familia, que se fará público o 28 de setembro. E recibirán un puzle de regalo.
Asemade fai un chamamento ás familias que teñen materiais que non usen nos seus domicilios para que o acheguen á tenda, ao puntos de recollida do Café Moderno ou que nos chamen, de forma que o circuito da reciclaxe e da solidariedade sexa áxil e directo.
Esperámolos na Rúa Santa Clara número 35


jueves, 30 de agosto de 2018

Resultado VII Escola de Verán Participación e benestar

As palabras non poden recoller todo o que compartimos e creamos nestas dúas xornadas de encontro solo AGRADECEMENTO E TRABALLO CON ORGULLO.
Das achegas dos compañeiros,
Que recibimos: dignidade, xustiza, solidariedade, humildade, diñeiro, traballo, coñecer xente, abrir a mente, voltear escala de valores, sentimonos acompañados na loita na rabia na lentitude dos cambios, saber que somos moitos os que quedamos abaixo, deixo de ser "ninguén" paso a ser "alguén".
Que damos: esforzo, o que temos, o que sabemos, o que podemos, ideas, tempo, cartos
Que retos. Aprender, xestionar os cartos de forma ética e sostible como ate agora, seguir escoitando e facendo críticas de forma que mellore a miña vida e a do grupo.

martes, 21 de agosto de 2018

Charlas PARTICIPACIÓN E BENESTAR

Por sétimo ano consecutivo sentámonos para empezar o inverno coa forza precisa, e seguir achegando o noso gran de area na construcción dun mundo mais xusto.

Esta vez dedicaremonos a reflexionar e formarnos sobre os beneficios e os retos de participar nos movementos sociais.

VII Escola de Verán, como xa ven sendo tradicional nestas xornadas, dedicadas a formación en temáticas das asociacións, trataremos este ano a PARTICIPACIÓN, que damos e que recibimos cando somos voluntarios nas asociacións.
O día 28 de agosto de 10 a 13 horas, estaremos na Casa das Campás, ofrecemos unha mesa redonda sobre a participación coa participación de Teresa Patiño, Javier Pérez e Toño Ramírez, sobre a súa experiencia en diferentes organizacións, posteriormente Sara Chuerques presentará a curta MARXES, que foi proxectado no Festival de Cans, e que trata sobre a pobreza, no mesmo escoitaranse testemuñas de persoas da cidade ao respeito.
O día 29 de agosto de 10 a 13 horas, estaremos na R/Alvaro Cunqueiro 2, na mesma liña de participación ofrecemos unha analise da participación en Boa Vida, con experiencias e dinámicas que lle permitirán ao publico asistente reflexionar sobre os beneficios e retos que supón hoxe en día ser voluntario e activista nos movemento sociais, remataremos a xornada cunha presentación dos beneficios da respiración para ter unha vida mais plena e feliz, a cargo do psicologo Enrique Rual.


martes, 31 de julio de 2018

Da cabeza ao corazón pasando pola carteira

Dúas veces ao ano agradecemos tanto os ingresos economicos como o compromiso de militancia e de doazons de obxectos.

Contamos con 18 persoas que teñen domiciliado un donativo no banco.

En total obtemos 1080 euros por estas domiciliacións este mes de xullo.

Temos tamén 6 persoas mais que fan ingresos pola súa conta, con importes moi diferentes, dende os 1000 euros que achega a persoa que máis nos doa ate os 5, que ingresa a que menos.

En todo caso, 24 persoas que nos apoian económicamente, iso fainos sentir orgullosos do noso traballo e agradecemos a confianza que isto supón.

Algunhas delas tamén dan o seu tempo e enerxía, en total 30 persoas, xunto coas 1012, que nos traen os seus obxectos,fan posible que camiñemos xuntas cara un futuro mellor.

GRAZAS!!! e a sumar ... ¿quen mais?

martes, 3 de julio de 2018

Sentenza Xudicial favorable RISGA, e ODS Coia Vigo

Hai uns meses contábamos como Lucía, unha rapaza da nosa cidade, viña de gañar unha batalla persoal e xudicial coa Xunta [1].

Lucía recorreu no Xulgado a resolución da Xunta que a obrigaba á mudarse de domicilio por estar convivindo con outra perceptora da RISGA, baixo ameaza de retirarlle a prestación. Lucía levou dita decisión á vía xudicial e o Xulgado Contencioso Administrativo nº1 de Vigo, deulle a razón e ditou sentenza anulando dita resolución por ser contraria a dereito.

Así a sentenza deixaba claro que a Xunta non pode prohibir a percepción de máis dunha RISGA por domicilio e literalmente sinalaba: “Sería INVEROSÍMIL que dúas persoas que perciben sendas prestacións para eludir a sua exclusión social tiveran que excluírse mutuamente, para non incorrer en esaxerada inclusión”.

Ante dita resolución xudicial, Lucia reclamou á Xunta os danos e prexuízos sufridos con esa decisión, tales como o aumento dos gastos que supuxo o cambio de vivenda, a mudanza... e sobre todo, o padecemento moral e a angustia psicolóxica que dita situación lle provocou… Coma sempre a Xunta negou dita responsabilidade, e Lucía tivo que volver aos Tribunais.

Novamente, o Xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo volveu a darlle a razón a Lucía e ditou a sentenza nº 153/2.018 de 20 de xuño pola que se declara a responsabilidade da Consellería de Política Social e a condena a responder polo sufrimento e prexuízos causados á compañeira, por medio do aboamento dunha indemnización económica á mesma.

Unha pequena vitoria máis conseguida grazas ao esforzo e valentía dunha perceptora da RISGA cansa de ser obxecto de control e maltrato por parte da Xunta. Como a todas nós, Lucía estaba farta das políticas miserentas desta Consellería, incapaz de solucionar os problemas das persoas, e que lonxe de garantir unha vida digna para todas, afonda na exclusión e no empobrecemento.

Non podemos seguir soportando estas situacións. Compre dicir basta. Compre unha solución íntegra e digna para as persoas. Compre a Renda Básica das Iguais e moitísimo máis, xa!

Coia, xuño 2018