martes, 27 de marzo de 2018
SELECCIÓN PECHADA! Monitor/a Curso de Cociña Tradicional
viernes, 16 de marzo de 2018
NOTA DE PRENSA
NOTA DE PRENSA
O CONCELLO DE PONTEVEDRA COLABORA COA ASOCIACIÓN BOA VIDA
IMPARTIRAN UN CURSO De Empregada/o de fogar
Financiadas ao 100% pola“ Consellería de Política Social, e o Fondo Social Europeo a asociación levará a cabo un curso de Empregada/o de fogar, no que se poden inscribir tódolas persoas interesadas do Concello de Pontevedra e arredores.
Ás persoas participantes no curso formaranse en coñecementos principais para levar a cabo os labores do fogar , limpeza, lavado, secado e pranchado das pezas, elaboración de alimentos e o coidado dos máis pequenos e maiores.
Asemade recibirán dous módulos de busca de emprego e igualdade de xénero, nos que afinarán as habilidades principais para atopar traballo e coidarse para coidar aos demais.
O curso levarase a cabo na Casa Azul do Concello de Pontevedra, ten unha duración de 100 horas, e dará comenzo o 2 de abril, o alumnado terá dous días libres á semana para poder facer outras actividades, e rematará o 28 de maio, o horario será de 9:30 a 13:30.
Para inscribirse e participar na selección hai que dirixirse a Asociación Boa Vida Telf 688124762 ou acudir á Rúa Santa Clara 35, deixar o nome e telefono e serán citados para entrevista.
Terán preferencia as persoas enviadas dende os servizos sociais municipais e de organizacións sociais da contorna, así como aquelas que conten con situacións de maior vulnerabilidade e factores de exclusión como o desemprego, cargas familiares non compartidas e outros procesos de rehabilitación social.
Puntos de inscricións e información:
- Oficina de Dereitos e Deberes Sociais Boa Vida
- Telf. 698124762 R/ Santa Clara nº35 Pontevedra.
- Mail: itinerariosboavidainclusion@
gmail.com
Mais información
Telf. 605 399 142
“Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”
lunes, 12 de marzo de 2018
martes, 27 de febrero de 2018
ASAMBLEA XERAL 2018
A asociación
boa vida presenta balance e plan de traballo 2018 no local social do
Gorgullón
Pecha
o 2017 con balance positivo tanto a nivel económico como no equipo
humano
A
asemblea aberta terá lugar de 10 a 13 horas mañá sabado 24 de
febreiro no local cedido pola asociación Eduardo Pondal para este
evento.
Neste
6 ano de actividade a asociación seguiu traballando na loita por un
mundo mais xusto facilitando información, orientación e ingresos a
cidadanía pontevedresa
Como
xa é coñecido a Asociación ten dous piares de traballo por
un lado a Oficina de Dereitos e Deberes Sociais financiada
principalmente pola Consellería de Politica Social e o Fondo
Social Europeo, na que durante o 2017 se chegou a 600 persoa cos
repartos de información na rúa e con entrevistas na oficina a 200
persoas sobre recursos sociais e se levaron a cabo 21 acompañamentos
intensivos e 13 de baixa intensidade, dos cales 6 atoparon emprego.
Neste
mesmo programa desenvolven a formación que no 2017 foron 3
curso de reciclaxe textil (Cambados, Poio e Pontevedra) coa
participación de 45 persoas que viron melloradas as súas
habilidades sociais e coñecen o proceso da reciclaxe téxtil.
A
deputación de Pontevedra cofinanciou nun 80% o obradoiro permanente
de reciclaxe e habilidades sociais no que participaron 15 persoas,
que recibiron formación en empoderamento dixital, habilidades
sociais, alimentación, busca de emprego e reciclaxe diverso.
Asemade
a Dirección Xeral de xuventude participación e Voluntariado co
financiou nun 40% a VI Escola de Verán, coa que se incorporaron
voluntarios novos e se formou o voluntariado.
O
espiritu de traballo en rede segue marcando a actividade da
asociación que manten contacto con Cruz Vermella, Interparroquial de
Monteporreiro, San Vicente de Paul e a EAPN.
O
segundo piar, BOA VIDA TRAPERA, recollidas, selección de
material en desuso e facilitación de ingresos a persoas en
situación de exclusión.
Este
traballo é posible grazas ás doazons da cidadanía Pontevedresa que
durante o 2017 realizou 2204 doazóns o que supñon un aumento do 40%
respecto ao 2016. Un dos puntos mais importantes de recollida é o
Café Moderno donde se poden depositar as bolsas.
Cos
ingresos obtidos a asociación pode sufragar os gastos de mantemento
dos alugueres e furgoneta así como facilitar ingresos a 9 familias
que ao longo do ano puideron traballar na asociación e recibir unha
beca de formación de forma que ao tempo que aprenden reciben
ingresos. O importe destinado a este fin foi durante o 2017 de
23798,42 euros o que supon o 56,57% dos gastos totais desta
actividade. Que se pode manter grazas ao traballo que levan a cabo un
equipo de 30 persoas voluntarias que con dedicacións horarias
diferentes fan posible a actividade.
Unha
actividade especial que realiza dende este proxecto son os
micro-creditos que ascenderon a 1627 euros dos cales estan
pendentes de devolución 981,76.
Para
o 2018, a organización pretende ampliar en dous postos o
traballo no piar de recollidas o que lles permitiria manter as
recollidas de mobles e obxectos mais voluminosos, asemade precisa
consolidar o equipo tecnico da oficina de dereitos sociais co que
pretende impulsar un programa de participación que se chamará
“caféquente”. Co que manterá a actividade formativa e de loita
contra a pobreza relacional de forma continuada con reunións duas
veces ao mes.
Asemade
executará o convenio coa Universidade de Vigo para iniciar o plano
estratéxico 2019-20122.
Agradece
a cidadanía tanto os procuctos que lle achega como as compras que
realiza na rúa Santa Clara 35.
lunes, 12 de febrero de 2018
NOVA FORMACIÓN EN RECICLAXE TÉXTIL EN BARRO
No mes de marzo comezará un novo curso de Reciclaxe Téxtil, esta vez no Concello de Barro. No cartel tes a informacion para solicitar a túa praza!
miércoles, 24 de enero de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










