A asociación
boa vida presenta balance e plan de traballo 2018 no local social do
Gorgullón
Pecha
o 2017 con balance positivo tanto a nivel económico como no equipo
humano
A
asemblea aberta terá lugar de 10 a 13 horas mañá sabado 24 de
febreiro no local cedido pola asociación Eduardo Pondal para este
evento.
Neste
6 ano de actividade a asociación seguiu traballando na loita por un
mundo mais xusto facilitando información, orientación e ingresos a
cidadanía pontevedresa
Como
xa é coñecido a Asociación ten dous piares de traballo por
un lado a Oficina de Dereitos e Deberes Sociais financiada
principalmente pola Consellería de Politica Social e o Fondo
Social Europeo, na que durante o 2017 se chegou a 600 persoa cos
repartos de información na rúa e con entrevistas na oficina a 200
persoas sobre recursos sociais e se levaron a cabo 21 acompañamentos
intensivos e 13 de baixa intensidade, dos cales 6 atoparon emprego.
Neste
mesmo programa desenvolven a formación que no 2017 foron 3
curso de reciclaxe textil (Cambados, Poio e Pontevedra) coa
participación de 45 persoas que viron melloradas as súas
habilidades sociais e coñecen o proceso da reciclaxe téxtil.
A
deputación de Pontevedra cofinanciou nun 80% o obradoiro permanente
de reciclaxe e habilidades sociais no que participaron 15 persoas,
que recibiron formación en empoderamento dixital, habilidades
sociais, alimentación, busca de emprego e reciclaxe diverso.
Asemade
a Dirección Xeral de xuventude participación e Voluntariado co
financiou nun 40% a VI Escola de Verán, coa que se incorporaron
voluntarios novos e se formou o voluntariado.
O
espiritu de traballo en rede segue marcando a actividade da
asociación que manten contacto con Cruz Vermella, Interparroquial de
Monteporreiro, San Vicente de Paul e a EAPN.
O
segundo piar, BOA VIDA TRAPERA, recollidas, selección de
material en desuso e facilitación de ingresos a persoas en
situación de exclusión.
Este
traballo é posible grazas ás doazons da cidadanía Pontevedresa que
durante o 2017 realizou 2204 doazóns o que supñon un aumento do 40%
respecto ao 2016. Un dos puntos mais importantes de recollida é o
Café Moderno donde se poden depositar as bolsas.
Cos
ingresos obtidos a asociación pode sufragar os gastos de mantemento
dos alugueres e furgoneta así como facilitar ingresos a 9 familias
que ao longo do ano puideron traballar na asociación e recibir unha
beca de formación de forma que ao tempo que aprenden reciben
ingresos. O importe destinado a este fin foi durante o 2017 de
23798,42 euros o que supon o 56,57% dos gastos totais desta
actividade. Que se pode manter grazas ao traballo que levan a cabo un
equipo de 30 persoas voluntarias que con dedicacións horarias
diferentes fan posible a actividade.
Unha
actividade especial que realiza dende este proxecto son os
micro-creditos que ascenderon a 1627 euros dos cales estan
pendentes de devolución 981,76.
Para
o 2018, a organización pretende ampliar en dous postos o
traballo no piar de recollidas o que lles permitiria manter as
recollidas de mobles e obxectos mais voluminosos, asemade precisa
consolidar o equipo tecnico da oficina de dereitos sociais co que
pretende impulsar un programa de participación que se chamará
“caféquente”. Co que manterá a actividade formativa e de loita
contra a pobreza relacional de forma continuada con reunións duas
veces ao mes.
Asemade
executará o convenio coa Universidade de Vigo para iniciar o plano
estratéxico 2019-20122.
Agradece
a cidadanía tanto os procuctos que lle achega como as compras que
realiza na rúa Santa Clara 35.
No hay comentarios:
Publicar un comentario