Nos meses de xuño e xullo estamos a levar a cabo un obradoiro de reciclaxe e reciclaxe téxtil, iremos engadindo fotos sobre os traballos que están a aprender os nosos compañeiros de paso que compartimos vida e melloramos a nosa forma de estar, pensar e facer.
Agradecidas ao Concello de Pontevedra por facilitar o espazo na Casa Azul
GRAZAS!
Nesta semana aprendemos a reutilizar bricks, latas e envases de plástico e vidro mentras compartimos e desenvolvemos as nosas capacidades, grazas a todas e todos por vir e acompañarnos.
E grazas a Rubén o monitor que se adica á recuperación de oficios que nos ensinou a utilizar crin de cabalo e facer pinceis con madeira de árbores autóctonas!
Porque os pobres tamén sabemos e queremos traballar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario