A
ASOCIACIÓN BOA VIDA INICIA O ÚLTIMO CUATRIMESTRE DO 2017
CUNHA MESA
REDONDA SOBRE ECONOMIÁ E SOLIDARIEDADE.
A
asociación pontevedresa, continua a súa labor solidaria na Rúa
Santa Clara 35, no novo centro de consumo responsable coa Asociación
Amarante.
Presentan
as actividades para o ultimo cuatrimestre do ano coas que pretenden
seguir acompañando a persoas en situación de pobreza e exclusión
facilitandolles empregro, formación e información, e solicitar a
solidariedade da cidadanía para que sigan achegando os obxectos que
xa non precisan e acudindo a facer as compras na súa tenda.
A
actividade estrela de inicio de temporada é a VI Escola de
Veran, que nesta 6ª edición continua achegando formación tanto a
persoas en situación de exclusión como a cidadáns que queiran
coñecer como funciona o voluntariado, esta actividade
financiada pola Xunta de Galicia, concretamente a Dirección Xeral de
Xuventude, Participación e Voluntariado, consta de dúas
xornadas, e unha mesa redonda, na primeira presentarase a páxina
web de dita dirección xeral, e explicaranse os dereitos e deberes
que teñen os voluntarios en calquera organización, na segunda
afondarase sobre o voluntariado en Boa Vida, especialmente aquel que
ten como orientación o apoio no emprego. Nesta mesma Liña, o
mércores 30 ás sete e media no mesmo local no que se atopa a
tenda na rúa Santa Clara 35, realizarase unha mesa redonda na
que a coordinadora da asociación, presentará a evolución do
traballo realizado ate agora no proceso de creación da empresa de
inserción “Boa Vida Trapera”, para isto contarán convidaron á
ás tres administracións públicas coas que compartir a inquedanza
da necesidade da creación de emprego para as persoas en situación
de exclusión, e contarán no publico con persoas dos diferentes
partidos politicos con representación tanto municipal como
provincial e autonómico, xa que estes son os axentes finais
responsables do deseño e apoio a este tipo de iniciativas.
Para
asistir a estas actividades gratuitas e preciso inscribirse por mail
ou telf. Datos que se atopan no blog da asociación
boavidainclusionactiva.blogspot.com. Telf, 698124762
A
segunda actividade é a volta ao cole, a asociación
coñecedora das necesidades das familias no inicio do curso contará
cun espacio dedicado a roupa, calzado e material escolar para os mais
pequenos todo a partir dun euro, coma sempre anima as familias
que teñen materiais que xa non usan no domicilio a que os acheguen á
asociación e aquelas que estan preparandose para a volta ao cole que
pasen pola tenda antes de realizar gastos extras. Como promoción
este ano sortearan un lote de libros infantiles e xuvenís entre os
50 primeiros clientes. Asemade para facilitar a chegada a fin de
mes, materán a ultima semana de cada mes de agosto a novembro
a campaña todo a mitade de prezo durante 6 días.
Outras
actividades que irán anunciando son:
- Obradoiro permanente de reciclaxe. Financiado pola Deputación de Pontevedra.
- Inicio de actividades no Centro Sociocomunitario da Alameda, grupo PARTICP-ando.
- Incio de curso de formación en reciclaxe, financiado pola Xunta de Galicia.
- 17 de outubro. Día internacional de loita contra a pobreza. Tema. Os traballadores pobres. Un representante de Boa Vida irá a bruxelas. Encontro Europeo da EAPN, Rede europea de loita contra a pobreza, con esta temática, realizarase unha charla o 10 de outubro e unha acción de rúa o 17.
- Continuan as campañas de cambio de armario e recadación de fondos, 100x120, coa que se levan redadados 3.285 euros que se manterá ate o 31 de decembro para poder chegar aos 12.000 euros precisos para seguir traballando.
Pola
súa parte Amarante, retomará o traballo na segunda quincena de
setembro despois das vacacións do persoal, co inicio do grupo
de consumo responsable, as accións de voluntariado e de
sensibilización da campaña CONSUME-NÓS.
Estamos convosco.
ResponderEliminar