MEMORIA 2014
PRESENTACIÓN
Durante este ano foi clave o traballo en equipo, o
esforzo que fixeron as persoas en situación de exclusión, de aprendizaxe, de
traballo físico e de supervivencia sen recursos, sen eles nada disto sería
posible.
Neste equipo, tamén están técnicos e voluntarios que
acompañan, traballan e sobreviven no desemprego; coa forza duns e doutros
construímos día a día Boa Vida. Neste resumo temos presente o camiño andado,
para seguir avanzando
Grazas por prestarlle atención.
Dividimos a memoria en catro bloques:
1- Xestión xeral.
2- Oficina de Dereitos e deberes sociais.
3- Boa vida trapera
4- Informe económico.
1-XESTIÓN XERAL
Con 7 asembleas extraordinarias e 3 xuntas directivas
ampliadas múltiples reunións dos grupos de traballo construímos o equipo de
traballo
Das 20 actuacións xerais que rexistramos na memoria
completa, destacamos aquí, o recoñecemento como entidade prestadora de servizos
sociais por parte da Xunta de Galicia, e a cesión das vivendas da rúa Santiña
por parte da Construtora Abal como as dúas claves do éxito do traballo deste
ano.
Nesa mesma liña os acordos de colaboración con
organizacións sen ánimo de lucro especialmente o grupo
de consumo A Gradicela fixeron posible que o que se
presenta a continuación fose posible.
Quédanos pendente a resposta á solicitude de entrada na
Rede Axuda por parte do Concello de Pontevedra.
Actividades educativo - formativas. Das sete actividades realizadas destacamos aquí os
itinerarios personalizados de inserción e os cursos de formación en recollida
selectiva e reciclaxe téxtil financiados por:
Actividades informativas
Estas estiveron centradas na ILP pola renda básica e nas
Marchas da Dignidade, no 17 de outubro día internacional de loita contra a
pobreza, acompañadas de informacións varias sobre o dereito á unha atención
respetuosa na administración pública, a vivenda e o mundo laboral.
Actividades Reivindicativas
Preparamos unha campaña sobre chamadas gratuítas a
servizos obrigatorios (SEPE e SERGAS) e outra sobre comisións bancarias 0 a
persoas perceptoras de rendas mínimas. A participación na EAPN (Rede Galega de
Loita contra a Pobreza) que nos facilita voz e presenza na sociedade tanto nos
encontros como na difusión da exposición Pobreza Prioridade I.
3- BOA VIDA TRAPERA
Este proxecto conta coas seguintes áreas de traballo,
difusión, charlas, atención telefónica, organización e realización de
recollidas, almacenaxe e selección, estudo do mercado, e rastro de Nadal.
Un equipo de 8 persoas iniciamos no mes de abril as
recollidas, unha delas aportou a súa furgoneta, e xuntos traballamos para
recoller, 8080 kg de roupa, calzado e xoguetes, un total de 419 recollidas, un
55% de persoas particulares que se achegaron á rúa cruz vermella 16, a traer
unha media de 5 kg de roupa e calzado, é dicir tres bolsas. O 45% restante
foron recollidas a domicilio cunha media de 10 kg por persoa.
Con estes resultados demostramos que somos capaces de
recoller e rendabilidar o noso traballo.
Rastro de Nadal
Do 9 de decembro ao 6 de xaneiro puxemos en marcha a
experiencia piloto do Rastro Solidario, conseguimos seleccionar e organizar un
rastro que permitiu practicar e coñecer a acollida por parte da cidadanía desta
iniciativa pioneira na que as propias persoas en situación de exclusión
recibiron a axuda directamente e froito do seu propio traballo. Os resultados
foron tan bos que estamos estudando ter un rastro solidario aberto
permanentemente.
4-INFORME ECONÓMICO
Datos asociación
Mais información:
Oficinas a Santiña: Luns a xoves: 9:30 a
13:30 e Martes de tarde: 16:30 a 17:00Locais de recollida: Cruz Vermella 16, de luns a venres de 10 a 12 e martes de tarde
Telf: 886 160 950 e 691 201 517.
Mail: itinerariosboavidainclusion@gmail.com
Tamén en boavidainclusionactiva.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario