Hoxe mesmo saiu esta carta, para 7 persoas que poden axudarnos, ¿coñeces ti alguén mais?.
----------------------------------------------------------------------------------
Pontevedra
8 de setembro de 2014
Bo
día!
Diríxome
a ti coa confianza de ternos atopado en diferentes actividades de
compromiso social.
Como
sabes levamos dous anos e medio organizándonos en Boa Vida para
poder acompañar dende, a fraternidade, a persoas en situación de
pobreza e exclusión social.
Tamén
estamos sentando as bases para poder crear emprego a través da
recollida de roupa e calzado, asesorados e apoiados economicamente
por Traperos de Emaús de Navarra.
Dende
o mes de abril deste ano 2014 somos entidade prestadora de servizos
sociais rexistrada na Xunta de Galicia, o que nos deu a oportunidade
de presentarnos á convocatoria de subvencións para afianzar o
traballo iniciado.
No
mes de agosto concedéronnos a axuda solicitada, agora temos que
realizar o gasto antes de que nos sexa ingresado o importe da axuda
Aí
é onde pedimos
a túa colaboración: estamos buscando un mínimo de 17 persoas que
poidan anticiparnos parte da subvención,
ás que lle devolveríamos o préstamo en canto se cobre a subvención
(xaneiro/febreiro de 2015).
O
obxectivo é atopar 17 persoas que poidan prestarnos, sen intereses,
1000 euros cada unha, que serían para a ir pagando os gastos que
implica o inicio da actividade (seguridade social, seguros de
voluntariado, alugueiro, teléfono, …. Tamén axudas para persoas
en situación de pobreza e salarios dos técnicos que os acompañamos,
etc.)
Proximamente,
chamareite por teléfono, dareiche toda a información que precises,
tanto para
facer adiantos máis pequenos como para ver se ti coñeces a alguén
que poida facernos este apoio.
Se
ti podes ser una desas 17 persoas, envíanos
un correo.
Grazas
inmensas no meu nome e no das persoas que teñen coa túa acción
unha oportunidade de saír do círculo da pobreza.
Pepa
Vázquez
Traballadora
Social- Coordinadora
No hay comentarios:
Publicar un comentario