NOTA DE PRENSA
Curso de
recollida selectiva e reciclaxe textil en Xinzo de Limia
A asociación Boa Vida Inclusión Activa, inicia a súa
actividade en Xinzo de Limia cun curso de formación sobre a recollida selectiva
e a reciclaxe téxtil.
Inscripcións ata o 25 de agosto, no CIX (CDR O
Viso) - Praza maior nº 1, 1º andar, para 15 participantes os mércores e xoves
pola tarde de 16 a 18:30, no telefono, 668816575 ou mail, boavidacasazul@gmail.com.
Datas e horarios do curso: De 9 a 13 horas. Na casa da
Cultura de Xinzo, durante 13 días, do 26 de agosto ao 11 de setembro, cunha bolsa
de asistencia 3 euros día.
Esta
acción formativa de 50 horas, financiada
pola Consellería de Traballo e Benestar Social e polo Fondo Social Europeo,
pretende introducir
á xestión e tratamiento de residuos, prioritariamente dos textis para a súa
reutilización e reciclaxe. Contará tamén con acccións formativas transversais
de técnicas e habilidades sociais en relación á mellora persoal e busca de emprego
e responsabilidades co medio ambiente e a igualdade de oportunidades.
A Asociación Boa Vida, inica a súa andadura en
Pontevedra no 2012, formada por grupo de persoas en situación de exclusión e os
técnicos que as acompañan, definense como un grupo de persoas agradables con problemas de
todo tipo, e dificultades, en situación de vulnerabilidade social, que se reunen
para levar mellor a vida (opinar, acompañar, aprender, axudar, reivindicar, ser
referente) coa idea de dar participación e esperanza a todo o que queira formar
parte do grupo.
Traballan
para diminuir desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar ao accesoao
emprego e oportunidades, a través da formación e o traballo en equipo.
O ambito do
traballo da asociación é autonómico e deciden vir a Xinzo pol coñecemento que
teñen do CDR O Viso, co que participan en accións formativas e polas sinerxias
de ambas organizacións na loita contra a pobreza. Agradecen ao Concello de
Xinzo de Limia a cesión das aulas para poder levar a cabo o curso.
Mais
información en Xinzo de Limia: Lucia 668 816 575
Monitora
de reciclaxe textil: Isabel 668 893 350
No hay comentarios:
Publicar un comentario