miércoles, 21 de septiembre de 2016
martes, 13 de septiembre de 2016
PROXECTO ITINERE
Coma en anos anteriores a Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo financian o noso Proxecto Itinere que se desenvolve na nosa Oficina de Dereitos e Deberes Sociais na Rúa Marquesa n5, 2º andar, porta A (prestada por Proceso Psicoloxía).
Se precisas un asesoramento, acompañamento ou información en temas de axudas sociais, formación, dereitos sociais, busca de emprego solicita cita previa nas nosas oficinas ou por teléfono.
Se precisas un asesoramento, acompañamento ou información en temas de axudas sociais, formación, dereitos sociais, busca de emprego solicita cita previa nas nosas oficinas ou por teléfono.
Etiquetas:
inclusión activa,
inserción,
itinerarios,
Odds Boa Vida,
Pontevedra,
xunta de galicia
OFICINA DE DEBERES E DEREITOS SOCIAIS
Lembra que xa fai un tempo a nosa oficina de Dereitos e Deberes sociais está aberta. Se precisas información, asesoramento ou acompañamento nestes temas non dubides en contactar con nós
martes, 6 de septiembre de 2016
Curso de chatarra e reciclaxe téxtil
FE DE ERRATAS. NO CARTEL ONDE PON INCIO O 26 DE OUTUBRO LER 26 DE SETEMBRO. PERDOADE AS MOLESTIAS
Curso de chatarra e reciclaxe téxtil con bolsa de asistencia.
Curso de chatarra e reciclaxe téxtil con bolsa de asistencia.
Lembra inscribirte nas nosas oficiñas ou na nosa tenda
Tes até o 23 de setembro.

viernes, 26 de agosto de 2016
V
Escola de Verán
Guía
de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas.
30 e 31 de agosto
Día
30. 10 horas. ¿Para que
esta guía?
10:30.
Mesa redonda. Persoas que solicitaron axudas contan a experiencia.
¿que
aprenderon? ¿como se sentiron?.
RAI,
Pensións non contributivas, e axudas de emerxencia da Xunta e do
Concello.
11:30
Descanso.
12.00.
A RISGA.
DÍA
31. 10 h. Dubidas
pendentes xornada anterior.
12.00
Presentación do directorio da guía.
Que
administracións públicas e asociacións nos poden axudar.
Participa:Colexio
de Traballo Scoial.
Colexio
de Educadores e Educadoras Sociais de GaliciaSonia González
Educadora
Social e Coordinadora de aBeira, Grupo de Traballo de Intervención
Socioeducativa con Familias do Ceesg.
Lugar:
Centro Educación Adultos. Avenida Bos Aires 25. Pontevedra |
sábado, 20 de agosto de 2016
V ESCOLA DE VERÁN BOA VIDA
Os días martes 30 e mércores 31 de agosto estaremos de 10 a 13 horas no centro EPA Río Lérez falando de axudas sociais e presentando a nosa guía.
Non o perdas e lembra inscribirte, agardámoste!!
Non o perdas e lembra inscribirte, agardámoste!!
Inscrición previa. Asociación Boa Vida
Rúa Cruz Vermella 16. Tenda Solidaria
Rúa
Marquesa 5, of A. Oficina
Dereitos e Deberes Sociais
36002 Pontevedra
Telf:
698
124 762.
Entidade
Prestadora de Servizos Sociais: E-6035
V
Escola de Verán
Guía
de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas.
30
e 31 de agosto
Día
30. 10 horas. ¿Para que
esta guía?
10:30.
Mesa redonda. Persoas que solicitaron axudas contan a experiencia.
¿que
aprenderon? ¿como se sentiron?.
RAI,
Pensións non contributivas, e axudas de emerxencia da Xunta e do
Concello.
11:30
Descanso.
12.00. A
RISGA.
DÍA
31. 10 h. Dubidas pendentes
xornada anterior.
- Descanso.
12.00
Presentación do directorio da guía.
Que
administracións públicas e asociacións nos poden axudar.
Lugar:
Centro Educación Adultos. Avenida Bos Aires 25. Pontevedra
jueves, 4 de agosto de 2016
A Renda Básica Universal fronte a crónica falta de emprego
A nosa constitución do 78 proclama que o Estado Español é un estado de dereito democrático e social. Esta última palabra "o social" representa a lectura interesada que a clase política fixo da economía e da riqueza creada no país. Si foramos un estado liberal, o principio de liberdade e dereito de propiedade impedirían un estado social que mirase por todas e cada unha das persoas. Pero estamos nun estado social e a riqueza e producto dunha sociedade xa coa producción o con o consumo fai rodar de momento este sistema. Se non hai traballo remunerado (traballo sempre hai, os dos coidados, os do ciclo da vida, o voluntariado) debemos facer todo o posible para que as persoas accedan o emprego (tal e como consta na Carta Social Europea de Turín 1961). Traballo remunerado a media xornada que esté ben respaldado por unhas cotizacións sociais que creen dereitos e un salario que sexa suficiente máis aló do Salario Mínimo Interprofesional. A desgraza do sistema capitalista liberal é que sin a axuda de medidas sociais de corte estatal, éste capitalismo sería capaz de afogar económicamente ó seus potenciais clientes. Nembargantes estas medidas sólo son un pequeno remedio para a crisis industrial e social que supón a tecnoloxía electrónica e a automatización dos procesos.
A renda básica universal no condicionada e suficiente supón o recoñecemento do dereito de cada persoa a unha vida digna no amplo senso da expresión: dereito a pan, traballo e teito, educación, sanidade, lecer e oportunidades para o desenvolvemento das capacidades persoais. A misma UE afirmou xunto coa OCDE que o salario mínimo interprofesional non garante a coberturas das mínimas necesidades dun ser humano. Pra a nosa desgracia tanto a patronal CEO como dende o Banco de España se promove que haixa contratos por debaixo do SMI. Favorecendo a exportación moitos grandes conglomerados empresariales fan beneficios que superan en moito ás perdas destes anos. ¿É as traballadoras? pois a traballar na semi escravitude por insuficiencia de salario, dispoñibilidade absoluta, e horas que nin se pagan nin se cotizan.
A RENDA BÁSICA É A SOLUCIÓN PARA UN PAÍS QUE NON DEIXA NINGUÉN ATRÁS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






